Xosé Manuel Seivane Rivas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Xosé Manuel Seivane»)
Infotaula de personaXosé Manuel Seivane Rivas

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1921 Editar o valor em Wikidata
Fomiñá, España Editar o valor em Wikidata
Morte27 de xaneiro de 2012 Editar o valor em Wikidata (90/91 anos)
Cambre, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióngaiteiro , artesán Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata


Xosé Manuel Seivane Rivas, nado en Fomiñá (A Pastoriza) en 1921 e finado en Cambre o 27 de xaneiro de 2012, foi un artesán creador de gaitas galegas.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xosé Seivane abriu o seu primeiro obradoiro de gaitas con 18 anos. Xa tocaba de antes a gaita e o clarinete mais devecía por crear a súa gaita por si mesmo. Axudárono o seu pai, Francisco, ebanista e a súa nai, Estrella, que tiña un bo ouvido musical e lle transmitiu as melodías de gaiteiros xa desaparecidos, coma O Curuxeiras. Daquela, as gaitas fabricábanas ebanistas-torneiros e os gaiteiros afinábanas, facendo eles as súas propias palletas e en moitos casos as gaitas mesmas. Xosé Manuel Seivane decidiu dedicarse exclusivamente á construción.

Comezou a construír gaitas durante o servizo militar, arredor do ano 1939, momento no que como gaiteiro da Banda Militar do Rexemento de infantaría nº 43 de Pontevedra, se viu na obriga de fabricar as gaitas que se usaban na banda. Fixo isto no obradoiro da familia Represas en Ponteareas[3], taller no que traballou durante un ano.[4]

Gaita fabricada por Seivane.

Ao casar,no 1951, montou un obradoiro en Ribeira de Piquín, onde comezou a súa sona. Os seus fillos, Álvaro e Xosé Manuel, e algúns netos continúan o seu labor. Desde 1994, o obradoiro está instalado en Cambre. A súa neta, Susana Seivane, filla de Álvaro, é unha gaiteira notábel.

O obradoiro de Seivane é, posibelmente, o máis estimado de Galiza. Nos seus máis sesenta anos de historia contribuíu ao desenvolvemento da gaita galega, por exemplo na unificación das palletas, ou no perfeccionamento da afinación, con pasos importantes na escala do punteiro.

Ó longo da súa vida, recibiu numerosas homenaxes, talvez a máis sentida foi a que lle dedicaron os seus veciños da Ribeira de Piquín en 2008 pola súa contribución á música tradicional galega.

Faleceu o 27 de xaneiro de 2012 ós 90 anos de idade.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Historia do Obradoiro Seivane
  2. 2,0 2,1 Muere Xosé Manuel Seivane, maestro artesano de la gaita gallega (en castelán)
  3. "Historia gaitas Eduardo Represas - Gaitas gallegas artesanas Eduardo Represas". gaitaseduardorepresas.com. Consultado o 2021-06-18. 
  4. Deputación de Ourense (1987). "Xosé Seivane, patriarca dos artesáns en Galicia" (PDF). Anuario da gaita (2): 6. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de maio de 2021. Consultado o 18 de xuño de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]