Xosé Luís Fontenla Méndez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Xosé Luís Fontenla Méndez, finado en Pontevedra en 1999, foi un mestre e político galego

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Antonio Fontenla. Foi alumno da Escola Normal de Pontevedra. Colaborou coa Sección de Psicoloxía do Seminario de Estudos Galegos dirixida por Antón Iglesias Vilarelle. Participou en maio de 1934 na primeira Asemblea da Federación de Mocedades Galeguistas, nela resultou elixido para a Secretaría Executiva.

Foi mestre en Arbo. Despois da guerra tivo a intención de volver publicar a revista Logos con Iglesias Vilarelle, pero as autoridades franquistas esixíanlles unha declaración de adhesión a Movimiento e decidiron non continuar co proxecto.

Participou na Asemblea de constitución da editorial Galaxia, celebrada en Santiago de Compostela o 25 de xullo de 1950.