Ana Viqueira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ana Viqueira
Nacemento1957
Lugar de nacementoA Coruña
Falecemento18 de agosto de 2016
Lugar de falecementoSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupaciónxornalista
CónxuxeXosé Andrés Vázquez Hermida
editar datos en Wikidata ]

Ana Viqueira Amor, nada na Coruña en 1957 e finada en Santiago de Compostela o 18 de agosto de 2016,[1] foi unha xornalista galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Xornalismo na Universidade Complutense de Madrid. Traballou para a axencia Colpisa (en Madrid), El Ideal Gallego (na Coruña), El Correo Gallego (en Santiago de Compostela) e La Nueva España (en Oviedo). Fundou e dirixiu o suplemento de humor Cuarta Feira, dirixiu a delegación de Santiago de Compostela de Faro de Vigo e a da Axencia EFE.[2]

Estaba casada co tamén xornalista Xosé Hermida.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Fallece la periodista coruñesa Ana Viqueira a los 59 años". La Opinión A Coruña (en castelán). 19 de agosto de 2016. Consultado o 5 de abril de 2021. 
  2. Isabel Bugallal (19 de agosto de 2016). "La periodista coruñesa Ana Viqueira muere de cáncer en Santiago a los 59 años". La Opinión. Consultado o 4 de decembro de 2018. 



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.