Xosé Bravo Frieiro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de abril de 1948 (76 anos) |
Alcalde de Rianxo | |
1979 – 30 de abril de 1994 (dimisión) – Pedro Piñeiro → | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Membro de |
Xosé Bravo Frieiro, nado en Rianxo o 27 de abril de 1948, é un político galego do PSdeG-PSOE que foi alcalde da súa vila natal de 1979 a 1994.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Cursou estudos de dereito. Posteriormente comezou a traballar como mariñeiro e en 1976 foi elixido patrón maior da Confraría de Pescadores de Rianxo. Nas eleccións municipais de 1979 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE en Rianxo e foi elixido alcalde por maioría absoluta, sendo o primeiro alcalde democrático da vila. Dende abril de 1980 foi deputado provincial en substitución doutro compañeiro. Nas municipais de 1983 revalidou a alcaldía cunha amplísima maioría absoluta de 14 dos 17 concelleiros da corporación. Nese mandato volveu ser deputado provincial. Nestas dúas convocatorias electorais logrou o mellor resultado do partido tanto na provincia como en Galicia, sendo un dos mellores de toda España.
Nas municipais de 1987 e 1991 revalidou novamente a alcaldía por maioría absoluta, se ben comezou a experimentar un retroceso de apoios. Renunciou a alcaldía o 30 de abril de 1994, sendo substituído o 9 de maio por Pedro Piñeiro[1].
Tras renunciar á alcaldía fíxose cargo da xerencia da Organización de Produtores de Mexillón de Galicia (Opmar). En novembro de 2003 asumiu a xerencia da Mancomunidade de Concellos Serra do Barbanza[2], onde permaneceu ata a súa xubilación.
Predecesor: José Luís Fernández Iglesias |
Alcalde de Rianxo 1979 - 1994 |
Sucesor: Pedro Piñeiro Hermida |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ A renuncia de Xosé Bravo Frieiro como alcalde de Rianxo
- ↑ "El ex alcalde rianxeiro Xosé Bravo Frieiro asumirá la gerencia de Serra do Barbanza". Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2016. Consultado o 19 de outubro de 2011.