Pedro Piñeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pedro Piñeiro
Pedro Piñeiro, alcalde de Rianxo.jpg
Nacemento1946
Lugar de nacementoO Valadouro
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico e mestre
editar datos en Wikidata ]

Pedro Piñeiro Hermida, nado no Valadouro en 1946, é un mestre e político galego que foi alcalde de Rianxo entre 1994 e 2011

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pedro Piñeiro instalouse nos anos 70 na vila mariñeira de Rianxo coma mestre do CEIP A.D.R. Castelao, do cal chegou a ser director ata o seu acceso á alcaldía do concello. Nas eleccións municipais de 1991 foi elixido concelleiro polo PSdeG-PSOE ocupando a área de Cultura, ata a renuncia de Xosé Bravo Frieiro á alcaldía en abril de 1994, tralo cal foi elixido novo rexedor a partir do 9 de maio seguinte. Encabezou o cartel socialista nas municipais de 1995, 1999, 2003 e 2007, acadando sempre a maioría absoluta e mellorando progresivamente últimos rexistros do seu predecesor, se ben en 2007 sufriu unha considerable perda de apoio. Nesta última convocatoria foi elixido deputado provincial. Durante todo este tempo foi independente, sen chegar a afiliarse ao PSdeG. Renunciou a presentarse á reelección nas municipais de 2011, polo que o 11 de xuño foi sucedido por Adolfo Muíños (BNG). En 2012, foi condenado polo TSXG a seis meses de prisión e 14 anos de inhabilitación por delitos de prevaricación urbanística na concesión dunha licenza a un taller de pedra propiedade dun familiar dun dos membros da corporación de goberno, construído sobre chan non urbanizable, e por non tomar medidas para repoñer a legalidade.[1]


Predecesor:
Xosé Bravo Frieiro
 Escudo de Rianxo.svg
Alcalde de Rianxo
 
1994 - 2011
Sucesor:
Adolfo Muíños Sánchez

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]