Xoana de Évreux
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1310 Évreux, Francia |
| Morte | 4 de marzo de 1371 Brie-Comte-Robert, Francia |
| Lugar de sepultura | Basílica de Saint-Denis |
| Relixión | Cristianismo |
| Actividade | |
| Ocupación | realeza |
| Outro | |
| Título | Queen Consort of France and Navarre (en) |
| Familia | Casa de Évreux |
| Cónxuxe | Carlos IV de Francia (1324 (Gregoriano), 1325 (Gregoriano)–1328 (Gregoriano)) |
| Fillos | María de Francia, Branca de França |
| Pais | Lois de Évreux |
| Irmáns | Carlos de Evreux Filipe III de Navarra María de Evreux Margarida de Evreux |
Xoana de Évreux, nada en Évreux en 1310 e finada en Brie o 4 de marzo de 1371, foi raíña consorte de Francia e Navarra (1325 - 1328).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla do conde Lois de Évreux e Margarida de Artois. Era neta pola liña paterna do rei Filipe III de Francia e María de Brabante e pola liña materna de Filipe de Artois e Branca da Bretaña. Era irmá do rei Filipe III de Navarra. Casou en Brie o 5 de xullo de 1325 co rei Carlos IV de Francia, sendo a súa terceira esposa. Desta unión naceron:
- A princesa Xoana de Francia (1326 - 1327).
- A princesa María de Francia (1327 - 1341).
- A princesa Branca de Francia (1327 - 1392), que casou en 1344 co duque de Orleáns Filipe de Orleáns.
Foi coroada raíña o 11 de maio de 1326 na Sainte-Chapelle de París.
En 1326 deu a luz a unha filla, que viviu só un ano. Ao ano seguinte, trouxo ao mundo unha nova filla. De novo embarazada á morte do rei, 1 de febreiro de 1328, continuou a incerteza sobre a sucesión masculina do reino. Por fin deu a luz unha nova filla. Coa Lei sálica prevalecendo no Reino, estes nacementos provocarán o fin da rama principal e directa da dinastía Capeto para iniciar a dinastía Valois.
Xoana de Évreux morreu en Brie en 1371 e foi enterrada xunto ao seu marido na catedral de Saint Denis en París.
O Libro de horas de Xoana de Évreux, de Jean Pucelle que se conserva no museo The Cloisters de Nova York, é unha das obras mestras da miniatura medieval.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xoana de Évreux |