Xoana Enríquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xoana Enríquez e Fernández de Córdoba
Raíña consorte de Navarra e Aragón

Reinadoabril 1444 - 13 de febreiro 1468
Nome completoXoana Enríquez e Fernández de Córdoba
Outros títulosV Señora de Casarrubios del Monte
Nacemento1425
Medina de Rioseco
Falecemento13 de febreiro de 1468
Tarragona
PredecesorBranca I de Navarra
SucesorIsabel I de Castela
ConsorteXoán II de Aragón
DescendenciaFernando o Católico
Infanta Xoana de Aragón
Casa realliñaxe dos Enríquez.
ProxenitoresFadrique Enríquez
Marina Fernández de Córdoba y Ayala

Escudo de Xoana Enríquez
Na rede
WikiTree: Córdoba-9

Xoana Enríquez e Fernández de Córdoba, nada en Medina de Rioseco en 1425 e finada en Tarragona o 13 de febreiro de 1468, foi raíña consorte de Navarra (1447 - 1468) e de Aragón (1458 - 1468), V Señora de Casarrubios del Monte, pertenceu á importante liñaxe dos Enríquez, rama ilexítima dos reis de Castela.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Muller ambiciosa e imperante, era filla de Fadrique Enríquez, almirante de Castela e de Marina Fernández de Córdoba e Ayala, finada en 1431.

Actividade política como raíña consorte[editar | editar a fonte]

A morte en 1458 do rei Afonso V de Aragón significou a ascensión ao trono de Xoán II e a súa muller Xoana.[1]

Un dos máis grandes desexos de Xoana Enríquez, cara ao que tendeu habilmente a súa política, foi o matrimonio (en outubro de 1469) do seu fillo Fernando, de dezaseis anos, con Isabel de Castela, de dezasete.[1] Non puido velo realizado pois morreu o 13 de febreiro de 1468 por complicacións de cancro de mama.

Xoana ademais foi acusada de envelenar ao príncipe Carlos de Viana,[2][3] primeiro fillo do seu marido o rei Xoán II coa súa primeira esposa Branca de Navarra, posto que supoñía un obstáculo para as pretensións ao trono do seu fillo Fernando.[2]

Matrimonio e descendencia[editar | editar a fonte]

Foi a segunda esposa de Xoán II de Aragón e de Navarra (co mesmo ordinal para ambos os territorios), viúvo desde 1441, con quen contraeu matrimonio en abril de 1444, contando dezanove anos. Tiveron dous fillos:

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Predecesor:
María de Castela
Raíña consorte de Aragón, Mallorca, Valencia e Sicilia
Condesa consorte de Barcelona

1458-1468
Sucesor:
Isabel I de Castela