Xoán Balboa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xoán Balboa
Nacemento26 de decembro de 1938
Lugar de nacementoLugo
Falecemento27 de novembro de 2009
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

Xoán Manuel Balboa Vázquez, coñecido como Xan Balboa ou Xoán Balboa, nado no barrio de Recatelo, na cidade de Lugo, o 26 de decembro de 1938 e finado o 27 de novembro de 2009[1], foi un restaurador e ilustrador galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Traballou como restaurador do Museo Provincial de Lugo, traballou que compaxinou co seu labor artístico, tendo realizado un bo número de exposicións de debuxo, pintura e esmaltes. En colaboración, foi un dos editores da revista Axóuxere, no xornal ourensán La Región.

Como ilustrador, é ben coñecido por ser o debuxante de Das cousas de Ramón Lamote, o libro de literatura infantil do tamén lugués Paco Martín, así como tamén da súa secuela, Das novas cousas de Ramón Lamote.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Finou Xan Balboa". Arquivado dende o orixinal o 14 de decembro de 2009. Consultado o 30 de novembro de 2009. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]