Xaime Prada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Xaime Prada
Nacemento 26 de setembro de 1891
  Vilamartín de Valdeorras
Falecemento 14 de outubro de 1966
  Madrid
Nacionalidade España
Educado en Universidade de Santiago de Compostela
Ocupación debuxante
editar datos en Wikidata ]

Amancio Jaime Prada Losada, nado en Vilamartín de Valdeorras o 26 de setembro de 1891 e finado en Madrid o 14 de outubro de 1966, foi un debuxante galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De familia fidalga, estudou Dereito e Medicina na Universidade de Santiago mais sen chegar a rematalas. Foi profesor de debuxo no instituto de Ferrol e xuíz de paz no seu concello natal[1]. Por volta de 1920 residiu un tempo en Madrid e París estudando pintura. Fíxose coñecido polos seus debuxos coa revista Vida Gallega entre 1919 e 1934, en especial polas súas portadas. Debuxos seus apareceron tamén en La Esfera, Buen Humor, Céltiga, La Zarpa ou Nós. En 1927 a editorial Nós publicoulle o álbum Grabados en linoleum. Viviu en Burgos dende 1922 e ao longo dunha década[2] e alí colaborou coa revista Parábola e publicou o álbum Cartones de Burgos en 1930. Ligado ás Irmandades da Fala e á xeración Nós, a partir de 1933 mudou ideoloxicamente e entrou a militar nas JONS, foi o seu xefe en Valdeorras e integrou o triunvirato provincial[3]. Foi brevemente xefe provincial da Falanxe antes de se establecer definitivamente en Madrid en 1935.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ángel Fernández Fernández Xaime Prada. O Castelao de Valdeorras, Valnatura nº 19 (2013)
  2. Xavier Castro Rodríguez "Recantos de Burgos nos debuxos de Xaime Prada" Galicia Hoxe, 2 de xuño de 2007
  3. Fernando Meleiro (1957) Anecdotario de la Falange de Orense. Madrid: Ediciones del Movimiento, p. 59