Xaime, duque de Madrid
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Jaime de Borbón y Borbón-Parma 27 de xuño de 1870 Vevey, Suíza |
Morte | 2 de outubro de 1931 (61 anos) París, Francia |
Causa da morte | doenza |
Legitimist pretender to the French throne (en) | |
Carlist pretender to the Spanish throne (en) | |
Datos persoais | |
Residencia | avenue Hoche (en) |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Beaumont College (en) |
Actividade | |
Ocupación | militar |
Carreira militar | |
Rama militar | Exército Imperial Ruso |
Outro | |
Título | Duque de Anjou Carlist pretender to the Spanish throne (en) Legitimist pretender to the French throne (en) |
Familia | Casa de Borbón-Anjou |
Pais | Carlos, duque de Madrid e Margarida de Bourbon-Parma |
Irmáns | Branca de Espanha Alicia de Borbón y Borbón-Parma Elvira María Teresa Enrique de Borbón y Borbón Parma |
Premios | |
Xaime de Borbón e Borbón-Parma nado en Vevey no 1870 e finado en París no 1931, foi pretendente carlista ao trono de España co nome de Xaime III (1909-1931), tamén coñecido como duque de Madrid.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Serviu no exército ruso e loitou contra os bóxers en China (1900) e participou na campaña de Manchuria (1904).
Á morte de Carlos VII asumiu a xefatura do carlismo e durante o seu "reinado" o carlismo coñeceuse como xaimismo. Encargou a Juan Vázquez de Mella a secretaría política do carlismo en España, aínda que mantivo como representante do pretendente a Bartolomé Feliú, que o seu antecesor nomeara uns días antes de morrer. Pero as relacións entre Vázquez de Mella e Xaime foron nunca foron boas.
Durante a Primeira guerra mundial Xaime viviu baixo arresto domiciliario en Austria polo seu apoio a Francia e aos aliados, sen case comunicación coa dirección política carlista en España. Tras a guerra trasladouse a Francia e asumiu persoalmente a dirección do carlismo disolvendo a xunta que o gobernaba e provocou a saída de Vázquez de Mella e os mellistas do carlismo en 1919. Aínda que nun primeiro momento apoiou a ditadura de Primo de Rivera, a partir de 1925 opúxose a ela. Tras a proclamación da república en España mantivo conversas con Afonso XIII para unificar as dúas pólas da dinastía carlista, pero a morte de Xaime o 2 de outubro de 1931 impediuno.
Sucedeuno como pretendente carlista o seu tío Afonso Carlos.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xaime, duque de Madrid |