Saltar ao contido

Xabier Agirre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXabier Agirre

(2010) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de abril de 1951 Editar o valor en Wikidata
Vitoria, España Editar o valor en Wikidata
Morte13 de febreiro de 2021 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
Pamplona, España Editar o valor en Wikidata
Deputado do Parlamento do País Vasco
20 de novembro de 2012 – 2 de agosto de 2016

Circunscrición electoral: Áraba
General Deputy of Araba (en) Traducir
27 de xullo de 2007 – 7 de xullo de 2011
← Ramón Rabanera RivacobaJavier de Andrés Guerra →
Deputado do Parlamento do País Vasco
4 de outubro de 2005 – 21 de setembro de 2007
← Javier BalzaGarbiñe Saez (en) Traducir →

Circunscrición electoral: Áraba
Deputado do Parlamento do País Vasco
1 de abril de 2004 – 22 de febreiro de 2005
← Emilio Olabarría

Circunscrición electoral: Áraba
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, banqueiro, técnico em administração (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Partido políticoEuzko Alderdi Jeltzalea - Partido Nacionalista Vasco Editar o valor en Wikidata

Xabier Agirre López, nado en Vitoria o 8 de abril de 1951, é un político vasco do PNV e de ideoloxía nacionalista vasca. Ocupou importantes cargos institucionais tanto na Deputación Foral de Áraba como no Parlamento Vasco. Entre os anos 2007 e 2011 foi Deputado Xeral de Áraba e entre 2012 e 2016 foi presidente do Araba Buru Batzar. Actualmente é Deputado no Parlamento Vasco.

Biografía

[editar | editar a fonte]

É administrativo técnico de profesión, antes de dedicarse exclusivamente na política, traballou na Caixa de Aforros de Vitoria.[1]

Traxectoria política

[editar | editar a fonte]

Vencellado ao Partido Nacionalista Vasco dende os anos setenta, participou activamente no Araba Buru Batzar, máximo órgano executivo do PNV en Áraba, chegando a presidir devandito órgano entre os anos 1983 e 1987, posto que volvería repetir en 2012 tras vencer ao seu compañeiro de partido Iñaki Gerenabarrena.

Entre 1990 e 1999 exerceu como Viceconselleiro de Interior do Goberno Vasco, sempre baixo as ordes do Conselleiro de Interior Juan María Atutxa.

No ano 2007 foi o candidato do PNV para Deputado Xeral de Áraba, malia ser o terceiro partido máis votado (por detrás do PP e o PSE, aínda que empatado a escanos con este último) puido ser investido Deputado Xeral grazas ao apoio de Aralar e á falta de acordo entre populares e socialistas. Nas eleccións forais de 2011 presentouse á reelección, con todo tampouco volveu gañar as eleccións. O PSE afirmou que apoiaría a investidura do candidato do Partido Popular Javier de Andrés, aínda que as dúas forzas constitucionalistas non sumaban maioría absoluta. Por outra banda, Bildu apoiou a investidura de Xabier Agirre, aínda que as dúas forzas nacionalistas tampouco sumaban maioría absoluta. A chave do goberno estaba en mans das dúas deputadas de Ezker Batua quen finalmente se abstiveron de votar a ningún candidato. Provocaron desta maneira a investidura do candidato do Partido Popular.

Agirre desvelou ante a opinión pública as verdadeiras causas do desacordo das dúas representantes da esquerda: a cambio do seu apoio, os negociadores de Ezker Batua pediran que se colocase a 39 afiliados seus, “de maneira cualificada e disfrazándoo dalgún proceso de selección” na dirección da obra social da BBK, no consello de administración da Caixa Vital, no Teatro Arriaga ou no Palacio Euskalduna, etcétera; a máis diso un crédito de 600.000 euros e de que nos orzamentos de 2012 puxésese á súa “exclusiva disposición” 300.000 euros máis para dar as subvencións que quixeren.

Deste episodio o director de teatro Eugenio Amaya escribiu a obra Anomia, estreada no Teatro María Guerreiro en outubro de 2012 e publicada no mesmo ano polo Centro Dramático Nacional.

Logo de cinco anos de traballo nas institucións arabesas, en 2012 renunciou ao seu escano nas Xuntas Xerais de Áraba. Presentouse como cabeza de lista do PNV por Áraba ás eleccións autonómicas dese ano. Obtendo o seu escano no Parlamento Vasco tras cinco anos fóra desta Cámara.

  1. "Biografía de Xabier Agirre, EL CORREO". Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2016. Consultado o 10 de novembro de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]