Javier Balza
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 22 de setembro de 1957 Bilbao |
| 16 de maio de 2005 – 4 de outubro de 2005 Lexislatura: VIII lexislatura do Parlamento Vasco Circunscrición electoral: Áraba | |
| 8 de xuño de 2001 – 28 de xaneiro de 2002 Lexislatura: VII lexislatura do Parlamento Vasco Circunscrición electoral: Áraba | |
| 2 de xaneiro de 1999 – 8 de maio de 2009 ← José Manuel Martiarena (en) | |
| Datos persoais | |
| Educación | Universidade de Deusto - dereito |
| Actividade | |
| Ocupación | funcionario (1981–2009), avogado, político |
| Partido político | Euzko Alderdi Jeltzalea - Partido Nacionalista Vasco |
Javier Balza Aguilera, nado en Bilbao en 1957, é un avogado e político do País Vasco, membro do Partido Nacionalista Vasco.
Licenciado en Dereito pola Universidade de Deusto, accedeu a unha praza de letrado do Goberno Vasco en 1981, sendo o seu primeiro destino a dirección de Desenvolvemento Lexislativo. Ocupou distintos postos de responsabilidade de segundo e terceiro nivel no Goberno Vasco, destacando o de Viceconselleiro de Réxime Xurídico e Desenvolvemento Autonómico. Destacou por ser un dos máis influentes nas negociacións co Goberno de España na década de 1990 para chegar a un acordo sobre as transferencias competenciais pendentes. O 7 de xaneiro de 1999 foi nomeado Conselleiro de Interior do Goberno Vasco co lehendakari Juan José Ibarretxe, substituíndo a Juan María Atutxa, cargo que mantivo durante 10 anos até a vitoria do socialista vasco, Patxi López, que o substituíu por Rodolfo Ares.
Tras o seu paso pola política, regresou ao seu posto na administración vasca, ata que en 2009 pasou á empresa privada como avogado no grupo Guevara Avogados, dirixido polo tamén exconselleiro Juan Ramón Guevara.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha no País.
- Balza pide unha excedencia no Goberno vasco para traballar no bufete de Guevara Arquivado 31 de maio de 2020 en Wayback Machine., en Deia, 22 de outubro de 2009, consultado o 3 de agosto de 2010.