Emilio Olabarría

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Emilio Olabarría
Emilio olabarria.jpg
Nacemento2 de abril de 1955
 Bilbao
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Deusto
Ocupaciónpolítico e xurista
editar datos en Wikidata ]

Emilio Olabarría Muñoz, nado en Bilbao, Biscaia o 2 de abril de 1955, é un xurista e político vasco, membro do Partido Nacionalista Vasco.

Biografía[editar | editar a fonte]

Licenciado en Dereito pola Universidade de Deusto, da que é profesor, é funcionario da administración autónoma de Euskadi. Foi deputado ao Parlamento Vasco en 1980 -primeiras eleccións autonómicas tras a aprobación do Estatuto de Guernica, 1984 e 2001.

A proposta do PNV, en 1996 foi elixido Vogal do Consello Xeral do Poder Xudicial polo Congreso dos Deputados.

Foi tamén deputado ao Congreso pola provincia de Áraba nas lexislaturas III, IV, V e en 2004, sendo elixido membro da Comisión de Investigación dos atentados do 11 de marzo en Madrid.

Participou en nome dos parlamentarios españois en varias delegacións internacionais en África, Europa e América do Sur. En 2006 era portavoz do Grupo Parlamentario Vasco.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]