Wordle
Wordle | |
---|---|
Licenza | licenza de propiedade |
Na rede | |
https://powerlanguage.co.uk/wordle, https://www.nytimes.com/games/wordle/, https://wordle.danielfrg.com, https://puzzlehints.net/wordle-game/ e https://puzzlehints.net/wordle-hint-today/ | |
Wordle é un xogo de palabras en liña gratuíto inventado en 2021 por Josh Wardle. Grazas á súa popularidade en Twitter, o xogo tivo un éxito inmediato na súa versión en inglés. Foi rapidamente ofrecido noutros idiomas e imitado noutras versións. [1]
Descrición do xogo
[editar | editar a fonte]O obxecto do xogo é adiviñar unha palabra específica de cinco letras en até seis intentos,[2] escribindo letras nunha pantalla de seis liñas de cinco cadrados cada unha. O xogador escribe unha palabra de cinco letras da súa elección na primeira liña e introduce a súa proposta. Despois de cada proposición, as letras aparecen en cor: o fondo gris representa as letras que non están na palabra buscada, o fondo amarelo representa as letras que están noutras partes da palabra e o fondo verde representa as letras que están no lugar correcto na palabra atopar.[3]
Historia
[editar | editar a fonte]Josh Wardle é un programador de software que colaborou no desenvolvemento de dúas experiencias sociais para Reddit. Nun período de confinamento debido á pandemia de Covid-19, inventou o xogo para a súa parella, un entusiasta dos puzzles e crebacabezas.[4] Vendo o entusiasmo dela e da súa familia, decidiu poñer o xogo en liña. En decembro de 2021, engadiu a posibilidade de compartir os seus resultados nas redes sociais mediante emojis. O éxito foi inmediato: o 1 de novembro de 2021 xogaron 90 persoas, e en poucas semanas, máis de dous millóns.
Versión en galego
[editar | editar a fonte]O 11 de xaneiro de 2022 Abraham Martínez Gracia adaptou o xogo á lingua galega e subiuno a appspot.com coa indicación en Twitter Adaptado por @mg_abraham. Baseado no traballo de Daniel Rodriguez @danielfrg.[5][6]
No momento da tradución Martínez traballaba no Centro de Supercomputación de Galicia. Comparte a teoría de que a simplicidade e a opción de compartir os resultados son algunhas das razóns do éxito de Wordle.[7]
“non pretende enganchar horas aos usuarios nin facer nada malo cos seus datos persoais como fan outras moitas aplicacións”. “O xeito no que foi pensado limita as partidas a unha por usuario e día, con duracións que non superan os 5 minutos e así podes seguir co teu día a día despois de xogar”
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Nova adicció". Apuntmedia. 2022-01-09. Consultado o 27-1-2022.
- ↑ Victor, Daniel (2022-01-03). "Wordle creator". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331.
- ↑ "The new viral word game". The Guardian. 2021-12-23.
- ↑ "El nou paraulògic surgir d'una história d'amor". 2022-01-10.
- ↑ Medrano, Carlos (2022-01-11). "Xa temos o Wordle en galego!". Aulas Galegas. Consultado o 2022-01-28.
- ↑ "Chega ao galego Wordle, un xogo para adiviñar palabras en aberto na rede". Praza Pública. 2022-01-11. Consultado o 2022-01-28.
- ↑ Región, La (2022-01-17). "Un programador ourensán adapta ao galego o xogo viral do 2022". La Región (en castelán). Consultado o 2022-01-28.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Wordle |