Willy Ledesma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Willy Ledesma
Información persoal
Nome Luis Alfonso Ledesma Galán
Nacemento 23 de xaneiro de 1989
Lugar de nacemento Torremejía
Altura 1,78 m.
Posición Dianteiro centro
Información de club
Club actual Lugo
Número 7
Carreira xuvenil
CF Extremadura
2008 Rayo Vallecano
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2006–2008 CF Extremadura 4 (0)
2008–2009 Rayo Vallecano B
2009–2011 Betis C 78 (24)
2010 Betis B 1 (0)
2011–2013 Villanovense 69 (15)
2013–2014 Arroyo 15 (1)
2014–2020 Extremadura 171 (73)
2020–2023 Córdoba 91 (35)
2023– Lugo 24 (8)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 13 de marzo de 2024.
editar datos en Wikidata ]

Luis Alfonso Ledesma Galán, coñecido como Willy Ledesma, nado en Torremejía (Badaxoz) o 23 de xaneiro de 1989, é un futbolista español que xoga como dianteiro no Lugo, da Primeira División RFEF.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formado na canteira do CF Extremadura, aos 17 anos debutou co primeiro equipo na Segunda División B, nun partido ante o Alcalá. En xaneiro de 2008 ingresou no equipo xuvenil do Rayo Vallecano.[1]

Despois de xogar no Rayo B fichou polo Real Betis, e militou nos equipos C e B do club. En agosto de 2011 fichou polo Villanovense, de Segunda B, no que xogou durante os seguintes dous anos. Na tempada 2013/14 xogou no Arroyo CP,[2] pasando o ano seguinte ao Estremadura UD, da Tercera División.[3] Na campaña 2015-16 anotou 32 goles liderando o ataque do equipo estremeño, que logrou o ascenso á Segunda B. Xogou no club de Almendralexo ata 2020, conseguindo un ascenso a Segunda e deixando o equipo como o seu máximo goleador histórico.[4]

En xaneiro de 2020 asinou contrato co Córdoba, da Segunda División B, co que conseguiu un novo ascenso na campaña 2021/22, desta vez á Primeira División RFEF.[5] En xuño de 2023 fichou polo Lugo, que viña de descender á Primeira División RFEF.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Leiva, Juanma (9 de xaneiro de 2008). "El Rayo tiene casi atado a Willy, del Extremadura" (en castelán). Consultado o 13 de marzo de 2024. 
  2. "El Arroyo se refuerza con Willy (Villanovense) y Ezequiel (Linense)" (en castelán). 22 de xuño de 2013. Consultado o 13 de marzo de 2024. 
  3. "Willy Ledesma regresa al Francisco de la Hera" (en castelán). 20 de xuño de 2014. Consultado o 13 de marzo de 2024. 
  4. "Willy Ledesma: "El Extremadura es el equipo de mi vida"" (en castelán). 1 de marzo de 2022. Consultado o 13 de marzo de 2024. 
  5. "Willy, nuevo jugador del Córdoba CF" (en castelán). 23 de xaneiro de 2020. Consultado o 13 de marzo de 2024. 
  6. "Willy Ledesma xa é oficialmente novo xogador do Lugo". Televisión de Galicia. 22 de xuño de 2023. Consultado o 13 de marzo de 2024.