Willie Aames

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Willie Aames
Nacemento15 de xullo de 1960
LugarOs Ánxeles
NacionalidadeEstados Unidos de América
Relixióncristianismo
Educado enEdison High School
Profesiónactor, guionista, director de cinema, produtor de televisión, actor de televisión, actor de dobraxe, participante de reality show e produtor de cinema
Na rede
IMDB: nm0000714 Allocine: 179568 Allmovie: p33 TV.com: people/willie-aames-1 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Albert William Upton, nado en Newport Beach (California) o 15 de xullo de 1960, é un actor estadounidense de televisión e cine, máis coñecido como Willie Aames. Acadou sona interpretando a Tommy Bradford en Eight Is Enough e Buddy Lembeck en Charles in Charge.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a actuar a principios da década de 1970, e así apareceu en 1971 na serie The Odd Couple interpretando un fillo do protagonista, Tony Randall. En 1972 púxolle voz a Jamie Boyle na serie de debuxos animados Wait till Your Father Gets Home. Aames proseguiu neses anos a súa carreira actuando como convidado en The Waltons e Adam-12. En 1974 interpretou a Benjamin Franklin aos doce anos na miniserie Benjamin Franklin. O ano seguinte coprotagonizou We'll Get By, unha serie de curta vida.

En 1977 deu vida a Tommy Brandford, un dos fillos da familia numerosa de Eight is Enough, neste período formou a súa propia banda de rock, Willie Aames & Paradise e converteuse nun ídolo de adolescentes de todo o mundo. Logo de rematar a serie protagonizou dous filmes de 1982 Zapped! con Scott Baio e Paradise con Phoebe Cates. En 1983 paticipou no serial The Edge of Night dando vida a Robbie Hamlin e foi a voz, ata 1985, de Hank na serie de animación Cadeas e dragóns. Foi Buddy Lembeck de Charles in Charge entre 1985 e 1990 e ao rematar presentou o concurso The Krypton Factor durante un ano. Ordenado ministro protestante, entre 1995 e 2004 deu vida a Bibleman, un superheroe cristián, realizando vídeos e xiras por todo o país. En 2007 publicou xunto a súa entón dona Maylo McCaslin o libro Grace is Enough onde relata a súa etapa de ídolo de adolescente e abuso de drogas e sexo. Debido a problemas financeiros intentou suicidarse en 2008[1].

Notas[editar | editar a fonte]