Saltar ao contido

Cadeas e dragóns

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cadeas e dragóns
Tiposerie de televisión de animación Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoserie de televisión de fantasía e serie de televisión de acción e aventuras Editar o valor en Wikidata
Lingua orixinallingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Autoría
Compositor/aJohnny Douglas (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Temática
Baseado enDungeons & Dragons Editar o valor en Wikidata
Publicación
País orixeEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Compañía produtoraMarvel Productions Editar o valor en Wikidata
Distribuidor/aDisney-ABC Domestic Television (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Emisora orixinalCBS Editar o valor en Wikidata
Datas
Comezo17 de setembro de 1983 Editar o valor en Wikidata
Remate7 de decembro de 1985 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Duración24 minutos Editar o valor en Wikidata
Episodios27 Editar o valor en Wikidata
Tempadas3 Editar o valor en Wikidata
Composto por
Contacto
RedesIMDB: tt0085011 Filmaffinity: 484830 Rottentomatoes: tv/dungeons_and_dragons Metacritic: tv/dungeons-dragons TV.com: shows/dungeons-and-dragons Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Cadeas e dragóns[1] (en inglés: Dungeons & Dragons) é unha serie estadounidense de animación baseada no xogo de rol homónimo. É unha coprodución de Marvel Productions e TSR, e orixinalmente a serie emitiuse a través da CBS dende 1983 a 1985 en tres temporadas, cun total de 27 episodios. A compañía xaponesa Toei Animation realizou a animación da serie.

A historia céntrase nun grupo de seis amigos que son transportados a un mundo de fantasía e as súas aventuras para atopar o xeito de volver a casa. Para iso, contan coa axuda do seu guía o "Dungeon Master". Un episodio final que non foi producido debía servir ou ben para rematar a trama ou para redirixir a serie nunha cuarta temporada. Porén, a serie foi cancelada antes de que o episodio fose realizado. O guión dese episodio pode atoparse en diversas fontes na rede e foi usado nun drama en son que aparece na edición especial en DVD da serie.

Estreouse en galego a través da TVG no espazo infantil e xuvenil Xabarín Club.

  1. mangaclassics.mboards.com (ed.). "Títulos de series en galego emitidas pola Televisión de Galicia (TVG)". Consultado o 2 de xuño de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]