William Lee Brant

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

William Lee Brant foi un membro dos Panteras Negras (nado en 1931 e finado o 4 de novembro de 2006). Fíxose famoso porque o 17 de xuño de 1969 secuestrou un avión en San Francisco e empregouno para fuxir a Cuba.

En Cuba pasou 22 meses na cadea por causas relacionadas coa inmigración ilegal, porén foi liberado e chegou a obter a nacionalidade cubana e tamén un título de de Literatura Hispánica pola Universidade da Habana, alén de traballar como profesor de inglés en distintos centros educativos. Nunha entrevista de 1996 declarou botar en falta os Estados Unidos e a comunidade afroamericana, pero que non podía regresar sen enfrontarse a graves cargos por pirataría aérea e secuestro. Na mesma data apareceron publicadas as súas memorias "Long Time Gone".