William Edward de Winton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaWilliam Edward de Winton
Biografía
Nacemento6 de setembro de 1856 ou 1857
Gales
Morte30 de agosto de 1922
Inglaterra
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoZooloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónzoólogo
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaDe Winton Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeSibyl Laura Edwardes
FillosGriselda Frances de Winton (en) Traducir, Winifred Alice de Winton (en) Traducir, Sibyl Bride de Winton (en) Traducir, Robert William Michael de Winton (en) Traducir, Walter Basil Cann de Winton (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisRobert Henry de Winton (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Frances Caroline Allan (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: De_Winton-137

William Edward de Winton, nado o 6 de setembro de 1856 ou 1857 no condado de Carmarthenshire, Gales (aínda que moitas fontes, incluído o obituario na revista Ibis do ano 1923 ou os arquivos do Reais Xardíns Botánicos de Kew,[1] especifican 1856 como o ano do seu nacemento, a súa lápida mostra o 6 de setembro de 1857 como a súa data de nacemento),[2] e finado o 30 de agosto de 1922, foi un zoólogo e coleccionista de animais británico.

O seu principal interese de investigación centrábase na terioloxía, aínda ue tamén se ocupou da avifauna.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De Winton foi o segundo fillo do capitán Robert Henry de Winton. Comezou a súa su carreira como empresario en Londres antes de dedicarse á historia natural. En 1893 entrou como membro na Unión de ornitólogos británicos e, pouco despois fundou, en 1892, o Club de ornitólogos británicos. Nos primeiros números do Boletín dese Club publicou varios rexistros de aves e ensaios breves. En 1899, De Winton foi elixido sucesor do tesoureiro honorario Howard Saunders e segundo secretario do Club de ornitólogos británicos, cargo que desempleñou até 1904.

Despois de que John Samuel Budgett (1872-1904) renunciase ao seu posto no Zoolóxico de Londres, de Winton asumiu en 1903 temporalmente o cargo de director interino do Xardín Zoolóxico en Regent's Park. En 1904 casou coa segunda filla de William Edwardes, cuarto barón de Kensington. Deste matrimonio neceron tres fillas e dous fillos. Ademais, entre outras, fóra dos cricétidos, débenslle as descricións de Pudu mephistophiles (o pudú do norte), Lepus corsicanus (a lebre de Córsega), Ammodillus imbellis (o xerbo somalí), Fukomys bocagei (a rata toupa de Bocage), Chodsigoa hypsibia (a musaraña de De Winton), Chimarrogale styani (a musaraña chinesa], Funisciurus substriatusla (o esquío listado de Kintampo) e Giraffa reticulatala (a xirafa reticulada).

A súa colección de fotos de África oriental, de finais da década de 1890, consérvanse no Museo de Historia Natural de Londres.[3]

Especies dedicadas[editar | editar a fonte]

En 1901, Oldfield Thomas describiu un morcego ao que denominou Laephotis wintoni, e en 1907 unha toupa dourada á que chamou Cryptochloris wintoni. Por outra parte, a subespecie da ave da familia dos motacílidos Macronyx ameliae wintoni, de Kenya e Tanzania, a súa dedicación atribuiuse erroneamente a William Edward de Winton.[4]

Abreviatura[editar | editar a fonte]

A abreviatura de Winton emprégase para recoñecer a William Edward de Winton como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Winton, William Edward de (1856-1922), zoologist The Nationar Arquives. Consultada o 24 de outuibro de 2018.
  2. Find a Grave: William Edward de Winton. Consultada o 24 de outubro de 2018.
  3. Photograph Collection of William Edward De Winton (1856-1922) , A Collection Description Arquivado 28 de setembro de 2007 en Wayback Machine. en iczn.org
  4. Bo Beolens, Michael Grayson and Michael Watkins (2004): The Eponym Dictionary of Birds. London / Oxford: Bloomsbury Publishing. ISBN 978-1-4729-0573-4.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]