William Child

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
William Child
William Child by James Caldwall.jpg
Nacemento1606
 Bristol
Falecemento23 de marzo de 1697
 Windsor
NacionalidadeReino de Inglaterra
Ocupacióncompositor
editar datos en Wikidata ]

William Child, nado en Bristol en 1606 e finado o 23 de marzo de 1697, foi un compositor e organista inglés do Barroco.

Child foi corista na catedral de San Paulo, en Londres, baixo a dirección de Elway Bevin[1]. En 1630 empezou unha colaboración que mantería de por vida coa capela de San Xurxo, no castelo de Windsor, onde inicialmente foi un empregado segrar e, a partir de 1632, mestre dos coristas, ata a disolución da capela en 1643. Despois da restauración de Carlos II en 1660, Child renovou a súa vinculación coa capela de San Xurxo e chegou a ser mestre da King's Wind Music e cabaleiro da Capela Real.

A súa produción de música eclesiástica é moi considerable[2]: abrangue un conxunto de salmos (1639), moitos himnos e 17 pezas litúrxicas. Amosa numerosas influencias do gusto italiano do seu tempo, aínda que tamén escribiu himnos ao xeito máis convencional inglés

Hoxe consérvase pouca música profana de Child, maiormente, uns poucos canons e pezas instrumentais.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Baker's Biographical Dictionary of Musicians, Centennial Edition. Nicolas Slonimsky, Editor Emeritus. Schirmer, 2001.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  1. Johnson, Keith. Biografía de William Child. En www.allmusic.com
  2. Catálogo das composicións de William Child. En www.allmusic.com