William Booth

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
William Booth
William-Booth-c1900.jpg
Nacemento10 de abril de 1829
Lugar de nacementoNottingham
Falecemento20 de agosto de 1912
Lugar de falecementoHadley Wood
SoterradoCemitério de Abney Park
NacionalidadeInglaterra e Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
RelixiónMetodismo
Ocupaciónteólogo
CónxuxeCatherine Booth
FillosBramwell Booth, Emma Booth, Herbert Booth, Marie Booth, Kate Booth, Lucy Booth, Ballington Booth e Evangeline Booth
Na rede
Musicbrainz: b39ae77c-ef67-4584-acec-50c2f650265b WikiTree: Booth-4414 Find a Grave: 113 Editar o valor em Wikidata
Lefnadsteckning öfver Catherine Booth-039-William Booth-signature.png
editar datos en Wikidata ]

William Booth, nado preto de Nothingham o 10 de abril de 1829 e finado o 20 de agosto de 1912 en Hadley Wood, Londres, foi o fundador e primeiro xeneral (1878-1912) do Exército de Salvación.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tras experimentar o novo nacemento contra 1844, comprometeuse como pastor metodista para máis tarde iniciarse como misioneiro independente. En 1865, iniciou, xunto coa muller, Catherine, un movemento misioneiro no East End de Londres, a zona socialmente máis deprimida da cidade; o grande éxito do seu movemento relixioso entre os máis desposuídos levou as súas actividades máis aló dos barrios pobres de Londres, ata transformalo no recoñecido The Salvation Army (Exército de Salvación) a partir de 1878. No momento da súa morte, o seu movemento propagábase con forza incluso alén das fronteiras do Imperio Británico.