William Adam (malacólogo)
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 27 de xaneiro de 1909 A Haia |
| Morte | 3 de novembro de 1988 Bruxelas |
| País de nacionalidade | neerlandesa-belga |
| Formación profesional | Doutor en Bioloxía |
| Educación | Universidade de Utrecht |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Zooloxía e malacoloxía |
| Ocupación | conservador, zoólogo, malacoloxía, malacólogo, profesor universitario, biólogo |
| Empregador | Universiteit Antwerpen |
| Membro de | |
| Obra | |
| Abreviatura do autor en zooloxía | Adam |
| Familia | |
| Pais | William Adam |
| Premios | |
| Membro da Real Academia de Artes e Ciencias dos Países Baixos | |
William Adam, nado o 27 de xaneiro de 1909 na Haia, e finado o 3 de novembro de 1988 en Bruxelas, foi un zoólogo belga-neerlandés, especialista en malacoloxía, en particular no estudo dos cefalópodos.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi fillo do mariño mercante William Adam e da súa esposa Constance Jeannette Barkhuijsen. Despois dos seus estudoa primarios e secundarios na Haia, visitou Xava entre 1926 e 1927. Ao su regreso estudou Bioloxía na Universidade de Utrecht, obtendo o seu doutoramento en 1933, cunha tese sobre as glándulas dos moluscos terrestres. Posteriormente ingresou no Museo de Ciencias Naturais de Bruxelas, onde foi ascendendo laboralmente. En 1952 adquiriu a cidadanía belga.[2]
Adam describió numerosas novas especies de xibas e outros sepiólidos, entre outras Euprymna hoylei, Sepia cottoni, Sepia dollfusi, Sepia dubia, Sepia reesi, Sepia sewelli, Sepia thurstoni, Sepia vercoi e Sepiola knudseni.
Tamén describiu outras especies de cefalópodos, como Alloteuthis subulata, da familia dos lolixínidos (luras).[3]
Honores
[editar | editar a fonte]En 1957 foi nomeado académico correspondente da Real Academia de Artes e Ciencias dos Países Baixos.[4]
Abreviatura
[editar | editar a fonte]A abreviatuta Adam emprégase pare recoñecer a William Adam como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ van Goethem, J. L. (1989): "In memoriam: William Adam, 1909–1988". Basteria 53 (1–3): 25–27.
- ↑ Brongersma, L. D. (1988): "William Adam". En: Levensberichten en herdenkingen. Koninklijke Nederlandse Akademie van Wetenschappen. pp. 115-116.
- ↑ Adam, W. (1950): "Notes sur les Céphalopodes. XXII. Deux nouvelles espèces de la côte africaine occidentale". Bulletin du Institut royal des Sciences naturelles de Belgique 26 (45): 1–9.
- ↑ "William Adam (1909 - 1988)". Royal Netherlands Academy of Arts and Sciences. Consultado o 22 de marzo de 2020.