William "Smiley" Heather
William "Smiley" Heather | |
---|---|
Nacemento | 7 de xullo de 1958 |
Lugar de nacemento | Illas Cook |
Nacionalidade | Nova Zelandia |
Alma máter | Onslow College e Tereora College |
Ocupación | xogador de rugby e político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
William Kati (Smiley) Heather, nado o 7 de xullo de 1958 en Rarotonga, é un político das Illas Cook.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou na súa illa natal e secundaria en Wellington. Entre 1980 e 1997 Heather xogou na Selección de rugby das Illas Cook, logo traballou como funcionario público no Ministerio de Traballo antes de ser elixido para o parlamento nas eleccións de 2006 pola circunscrición de Ruaau como demócrata. En decembro de 2009 entrou no gabinete, logo do cesamento de Terepai Maoate e a marcha dos ministros demócratas, como ministro de Transporte, Infraestruturas e Enerxía[1], como resultado o partido expulsouno o 8 de abril de 2010[2], aínda que máis tarde volveu ser readmitido.
Heather é o irmán máis vello do político do Partido das Illas Cook Teariki Heather.[3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Ministerial portfolio allocations (as of January 5)". Cook Islands News. 2010-01-06. Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2010. Consultado o 2010-01-08.
- ↑ "Cooks Democratic Party expels four members still in government". Radio New Zealand International. 2010-04-08. Consultado o 2010-04-08.
- ↑ "Enough Heathers". Cook islands News. 2010-03-05. Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2011. Consultado o 2010-03-13.