Wilhelm Dörpfeld

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaWilhelm Dörpfeld

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento26 de decembro de 1853 Editar o valor em Wikidata
Barmen Editar o valor em Wikidata
Morte25 de abril de 1940 Editar o valor em Wikidata (86 anos)
Lefkada, Grecia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaNydri (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Catedrático
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Alemán
Reich alemán Editar o valor em Wikidata
EducaciónBauakademie (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoArqueoloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónantropólogo , arqueólogo , architectural historian (en) Traducir , historiador da arte , arquitecto , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Jena Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiFriedrich Wilhelm Dörpfeld Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Dörpfeld-3
Wilhelm Dörpfeld e Heinrich Schliemann en Löwentor, Micenas (1885)

Wilhelm Dörpfeld, nado o 26 de decembro de 1853 e finado o 25 de abril de 1940, foi un arquitecto e arqueólogo alemán que participou nas escavacións levadas a cabo entre 1877 e 1881 en Olimpia, e posteriormente, xunto a Heinrich Schliemann, en Orcómeno e en Troia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En Troia participou nas escavacións desde 1882 e desenvolveu plenamente a técnica da estratigrafía. No curso da escavación de 1890 atopou restos dun edificio que contiñan cerámicas similares a outros fragmentos achados en Orcómenos, Micenas e Tirinto, polo que deduciu que o estrato que contiña os restos, chamado Troia VI, era o contemporáneo co maior auxe da civilización micénica, e por tanto se podería identificar coa cidade cantada por Homero na Ilíada, refutando así a opinión de Schliemann de que Troia II era a Troia homérica.

Trala morte de Schliemann, Dörpfeld proseguiu os escavacións en Troia en 1893 e 1894, desenterrando gran parte do estrato correspondente á cidadela de Troia VI, e observando que a cidade sucumbira violentamente tras un grande incendio. Non chegou a achar a cidade inferior que foi descuberta por Manfred Korfmann a partir de 1988, pero xa supuxera que esta cidade inferior se chegaría a descubrir, posto que algunhas sondaxes que encargou a varios especialistas acharan indicios diso.

En 1902 publicou Troia und Ilion. Ergebnisse der Ausgrabungen in den vorhistorischen und historischen Schichten von Ilion 1870-1894, que contén as súas conclusións acerca das escavacións de Troia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]