Saltar ao contido

Wild Things

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Wild Things
 Título
   Wild Things (en) Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Características
 Cor
 Formato de distribución
 Ambientado en
 Lingua orixinal
Implicados
 Produtor/a
 Produtor/a executivo
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Compañía produtora
 Distribuidor/a
Datas
 Data de publicación
20 de agosto de 1998 (Alemaña)
20 de marzo de 1998 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Parte da serie
 Premios e distincións
 Nomeamentos
Cifras e dimensións
 Formato imaxe
   2.35:1 Editar o valor en Wikidata
 Custo
   20.000.000 $ Editar o valor en Wikidata
 Duración
   108 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de rodaxe
 País de orixe
Códigos e identificadores
ISAN0000-0000-5DA8-0000-H-0000-0000-N Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/026qnn Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Puntuación da crítica
51/100 Metacritic (3 de febreiro de 2026)
64% Rotten Tomatoes (25 de novembro de 2024)
5.9/10 Rotten Tomatoes (6 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
 Descrito pola fonte
IMDB: tt0120890 Filmaffinity: 777577 Allocine: 18033 Rottentomatoes: m/wild_things Mojo: wildthings Allmovie: v161793 TCM: 444211 Metacritic: movie/wild-things TV.com: movies/wild-things Netlix: 8188050 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Wild Things é un filme de suspense erótico estadounidense de 1998 dirixido por John McNaughton, e protagonizado por Matt Dillon, Neve Campbell, Kevin Bacon, Denise Richards e Theresa Russell.

En 2004 editouse en DVD unha versión sen cortes, con sete minutos máis. A sona da película veulle por varias escenas de sexo, mais en particular unha que implica un home e dúas mulleres asemade; esas escenas son máis explícitas do habitual en filmes das grandes producións de Hollywood. Realizáronse tres secuelas que saíron directamente en DVD Wild Things 2 (2004), Wild Things: Diamonds in the Rough (2005) e Wild Things: Foursome (2010).

A película recibiu a cualificación R da MPAA por "sexualidade, nudez, linguaxe e violencia forte".[1]

Argumento

[editar | editar a fonte]

Kelly Van Ryan, unha rapaza popular, e Suzie Toller, unha marxinada social, acusan a Sam Lombardo, un acreditado conselleiro de orientación escolar de Miami, de violación. Lombardo contrata o avogado Kenneth Bowden para que o defenda. No xuízo, Suzie admite que ela e Kelly acusárono para vingarse de Lombardo: Suzie por un cargo menor por posesión de drogas e Kelly por ter unha aventura coa súa nai. A nai de Kelly queda humillada polo escándalo, e Lombardo e Bowden negocian un acordo de 8.500.000 dólares por difamación. Mais o certo é que, Lombardo e as dúas rapazas acordaran utilizar o xuízo como unha forma de obter diñeiro da rica familia de Kelly. Para celebraren o seu éxito, os tres cómplices deciden ter relacións sexuais.

Denise Richards, unha das protagonistas, nunha imaxe de 1999

Recepción

[editar | editar a fonte]

A película ten unha cualificación do 64% entre os críticos avaliados por Rotten Tomatoes, con respostas variadas pero en xeral positivas[2]. O filme recibiu unha puntuación de 52/100 en Metacritic, con críticas variadas pero en xeral mornas[3].

Variety eloxiou o elenco de Dillon, Bacon, Campbell, Richards, Russell, Murray e Snodgress: "É un conxunto que parece gozar o reto de realizar papeis pouco frecuentes e de temas pouco usuais. Non hai unha nota discordante". A revista tamén eloxiou o filme como "orixinal", cunha "brillante e irreal calidade que encaixa moi ben co pulso do drama".[4]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]