Wikipedia:Votacións para borrar/Vagos open air
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Vagos open air[editar a fonte]
As miñas razóns para propor o borrado de Vagos open air son: é un artigo que ten case todo o contido noutro idioma e, ademais, parece pertencer a unha estratexia para darlle publicidade a un determinado festival (o autor só creou este artigo, ademais dunha modificación promocional nunhas efemérides; creou ese mesmo artigo ese mesmo día en es.wp e hai varios meses en.wp), a pesar de que na pt.wp, onde tamén foi el o creador e principal editor do artigo, ten unha ampla e variada traxectoria.--Xabier Cid Talk, please 15:33, 9 de marzo de 2011 (UTC)
- Borrar
- Borrar - --Xabier Cid Talk, please 15:33, 9 de marzo de 2011 (UTC)
- Borrar--. HombreDHojalata.conversa 17:11, 9 de marzo de 2011 (UTC)
- Borrar Nun artigo de 5 liñas só son aproveitables 3. Dicir que é "un dos mayores festivais de música" é unha opinión; engadi-lo prezo das entradas e maila relación de participantes é totalmente irrelevante. Non sei se será promocional, que o parece, pero tengo moi claro que non merece un espazo nunha enciclopedia. Cando pasen uns anos, pode ser; hoxe e con esta información, non. O idioma é outro argumento: non podemos permitir que ninguén engada un texto noutra lingua e que logo veñamós nós a traducir. Postdata para Paradanta: que sexa o seu único artigo é un argumento máis entre os que dá Xabier, non o único nin o principal. Pedro --Lameiro (conversa) 20:27, 9 de marzo de 2011 (UTC)
- Manter
- Manter Xoacas(ti si que es lindo, ho) 20:12, 9 de marzo de 2011 (UTC)
- Manter Insisto, que un autor só creara un único artigo non me parece motivo para borralo. --Paradanta (Cóntame) 20:14, 9 de marzo de 2011 (UTC)
- Comentario Non, o motivo para borralo é o interese promocional, ao que se refire a norma do Wikipedia:Conflito de intereses. Que alguén só cree un artigo, o mesmo, en varias wikipedias é un indicio de interese promocional. --Xabier Cid Talk, please 03:23, 10 de marzo de 2011 (UTC)
- Neutro
- Comentarios
- Comentario Procurei nas ediciòns do usuario:Winter luso (en todos proxectos wikipedicos) os elementos de posible interese promocional :
- comezou a participar un pouquiño no ano 2008.
- dende o ano 2008 ata os primeiros meses do 2011, contribué de xeito iregular sobre musica e historia.
- creou por primeira vez o artigo Vagos open air no ano 2009
- é verdade que nos primeiros meses do 2011 ( 2 anos mais tarde) espallou o artigo en varias wikipedias en pouco tempo.
- por outra banda as sùas contribuciòns noutros artigos sigue sendo episodica pero ao mismo rumbo que levaba antes de botarse no 2011 a creaciòn Vagos open air en varias wikipedias. (Podese que sexa un "fan" do festival e ao ver o exito dise festival botouse)
- Conclusion : non estou segura, ainda ca primeira vista ollando o ano 2011 con tantas creaciòns de Vagos open air semella unha auto-promocion, que é o suficiente para xustificalo, mirando o seu historial global. Non dou decidido un voto. --Elvira (conversa comigo) 21:39, 20 de xuño de 2011 (UTC)