Wikipedia:Votacións para borrar/Lista das nacións do mundo
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Lista das nacións do mundo[editar a fonte]
Un dos principios irrenunciables da Wikipedia é o Punto de vista neutral, iso implica que os artigos non poden reflectir opinións personais. O artigo Lista das nacións do mundo non segue ese criterio polo tanto debe ser borrado. Para manter unha páxina dese estilo probablemente habería que debater entrada por entrada antes de tomar unha decisión definitiva. Paralelamente a existencia do artigo na redacción actual pon en cuestión a propia credibilidade da Galipedia como fonte de consulta. --Prevert(talk) 15:01, 21 xuño 2006 (UTC)
A favor[editar a fonte]
Concordo Paréceme que está ben que se borre, porque ademáis este artigo, aparte de considerar nacións algúns lugares, apartándose xa do punto de vista neutral, deixa a outros sen nación, apartándose xa de todo del. ¿Por qué Alsacia é unha rexión e non se pon tamén a Lorena, por exemplo? Ademáis, neste artigo ponse a Piamonte como nación, e non, por exemplo, ó reino de Nápoles. Que eu saiba, foi o reino de Piamonte quen unificou toda Italia, sendo, teóricamente, Nápoles máis nación que Piamonte ó desaparecer coma Estado hai menos tempo. Por estas razóns estou dacordo con que este artigo sexa borrado. --O Tin -- Contradíceme se te atreves 15:20, 21 xuño 2006 (UTC)
Concordo Esquecera votar como autor da proposta. --Prevert(talk) 15:22, 21 xuño 2006 (UTC)
Concordo--AlberteSi, digame? 15:42, 21 xuño 2006 (UTC)
Concordo O artigo é subxectivo, quen considera que un territorio é unha nación ou non?, nós non podemos polo que o debate tería que ser caso a caso indicando as referencias externas que afirman que ese territorio é ou mesmo foi unha nación, e aínda que chegaramos a un acordo seguiría sendo subxectivo . --Rocastelo(fálame aquí) 17:12, 21 xuño 2006 (UTC)
Concordo O artigo reflicte opinións, non existe un consenso para decidir o que é ou non nación. E aínda conseguíndoo a lista como tal non é útil. Ata a propia entrada de nación deixa moito que desexar dende o punto de vista enciclopédico. E outras moitas que comezan como: "Xxxx nación constituida como comunidade autónoma... ", etc, etc... --Adalbertofrenesi(fala) 17:27, 21 xuño 2006 (UTC)
Concordo Temos Lista de países; como dixeron outros, seria dificil de ter unha lista de "nacións". Podemos poñer: #Redirect [[Lista de países]]--Dannycas 00:51, 22 xuño 2006 (UTC) Non creo que sexa boa idea esa redirección, tendo en conta que país e nación son dous conceptos distintos. Miguel.lima 17:55, 24 xuño 2006 (UTC)
En contra[editar a fonte]
Discordo O artigo que eu fixen non está rematado: isto vai para O Tin, e como xa lle escribin a prevert, a páxina respeta a neutralidade do punto de vista: non se trata de ser nacionalista ou non, trátase de que as rexións que eu puxen son nacións. E, como dixen antes, non está rematado. O Tin, se queres podes colaborar engadindo Lorena e Nápoles. Non é unha lista de Estados, senon de nacións. Norrin_Strange
Comentario Non vou poñer Lorena e Nápoles porque creo que, sexan ou non nacións, nación é un termo que moi fácilmente se pode discutir e polo tanto, o poñelo sería neutral. Saúdos. --O Tin -- Contradíceme se te atreves 15:51, 21 xuño 2006 (UTC)
Neutro[editar a fonte]
Neutro Estou a favor de que exista ese artigo, cando esté máis completo. Aínda que vexo moi difícil levalo á práctica. Para empezar, ¿que pobos tomaríamos como nacións?. Si decidimos que, cando menos, calquera pobo con idioma propio, representa unha nazón, teríamos de partida máis de 7.000 nazóns. E despois habería que estudar un por un distintos casos que poderían incluírse dentro das "nacións do mundo". Por exemplo, Aragón e Andalucía defínense nos seus estatutos como "nacionalidades", ¿serían entón nacións?.
Polo tanto, penso que mentras non teñamos unha lista razonable de nacións, non convén publicar o artigo. Non ten sentido publicar a "Lista de nacións do mundo" con 20 ou 30 nacións, cando sabemos que poden existir máis de 10.000. Cando se teñan 2.000 ou 3.000 publícase o artigo coa etiqueta "enprogreso", e xa se continuará pouco a pouco. Miguel.lima 17:55, 24 xuño 2006 (UTC)
Comentario Reitero que o término nación é moi difícil de definir. Aquí, Miguel Lima di que ...cando menos, calquera pobo con idioma propio, representa unha nazón (...). Non creo que sexa correcta esta afirmación, porque non todos os pobos que teñen idioma (creo) que poidan ser considerados nación. ¿O val de Arán é unha nación? ¿O oeste de Irlanda é unha nación por falarse alí gaélico irlandés en vez de inglés? ¿A zona suíza onde se fala romanche é unha nación? ¿Son estes tres lugares máis nación que México, EUA ou Arxentina porque estes outros tres non teñen idioma propio? Paréceme que cada un ten a súa propia idea de nación, e polo tanto, non vale a pena perde-lo tempo facendo artigos sen ningún valor enciclopédico. --O Tin -- Contradíceme se te atreves 14:02, 2 xullo 2006 (UTC)
Outros comentarios e propostas[editar a fonte]
Comentario Si alguén ten a suficente paciencia e tempo libre como para atreverse a facer ese artigo, unha boa forma de comezar sería traducindo o artigo "List_of_ethnic_groups" da Wikipedia inglesa. O que non ten sentido, dende o meu punto de vista, é a estructura actual, clasificando as nacións en países, pois existen nacións sen país, e nacións que ocupan territorios de varios paises. Miguel.lima 18:14, 24 xuño 2006 (UTC)
Concordo --PortoFaládeme aquí 21:38, 24 xuño 2006 (UTC)