Wikipedia:Votacións para borrar/Categoría:Bispos casteláns enviados a Galicia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Categoría:Bispos casteláns enviados a Galicia[editar a fonte]
Propoño borrar esta categoría porque a súa existencia non é neutral nin obxectiva, senón que está marcada ideoloxicamente. A lista de todos os motivos son:
- Non existe precedente na Wikipedia, e máis especificamente nas categorías eclesiásticas, de mesturar os criterios de orixe e de destino. Ou sexa, non temos a categoría bispos murcianos enviados a Aragón, e tampouco tería sentido que existise esta. O seu grao de capilaridade (profesión+orixe+destino aplicados ao mesmo tempo) é infinitamente maior có que podemos chegar neste momento (futbolistas do Carballiño que xogaron no Celta, escritores da Mariña que emigraron a Arxentina, etc.)
- O concepto de "castelán" é frouxo, dado que non queda claro se nos estamos referindo ao reino de Castela (e, por conseguinte, Xelmírez sería un bispo castelán), á rexión xeográfica de límites difusos que ocuparía a parte central da Península Ibérica, ou aos territorios hoxe comprendidos nas comunidades autónomas de Castela e León e Castela A Mancha.
- Do mesmo xeito estase mesturando un termo político (Galicia), de fronteiras difusas, cunha categoría eclesiástica, onde non existe semellante cousa: existen cinco dioceses no actual territorio da comunidade autónoma de Galicia e unha diocese máis que se estende entre as comunidades autónomas de Galicia e Castela e León. Son os bispos de Astorga "enviados a Galicia"?. Non existe, nin existiu, unha división eclesiástica que fose Galicia e non deberiamos mesturar os criterios políticos cos da Igrexa católica, que son particulares.
- Emprégase o termo "enviar", que parece indicar unha vontade esóxena para "colonizar" ou "invadir" Galicia.
- Despois de buscar infrutuosamente unha categoría produtiva que tivese interese (Bispos de dioceses galegas nacidos no reino de Castela, e demais), creo que o máis razoable é borrar esta categoría incoherente, de límites extraordinariamente difusos no tempo e no espazo, e que ben puido ser creada desde unha perspectiva ideolóxica pouco neutral.--Xabier Cid Talk 2 me, please 7 de xuño de 2014 ás 22:49 (UTC)[responder]
- Borrar
- Borrar --Xabier Cid Talk 2 me, please 7 de xuño de 2014 ás 22:49 (UTC)[responder]
- Borrar --. HombreDHojalata.conversa 7 de xuño de 2014 ás 23:24 (UTC)[responder]
- Borrar. --Norrin (Fálame) 9 de xuño de 2014 ás 06:51 (UTC)[responder]
- Borrar --Elisardojm (conversa) 11 de xuño de 2014 ás 11:33 (UTC)[responder]
- Manter
- Neutro