Wikipedia:Votacións para borrar/Categoría:Adestradores de Galicia
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Categoría:Adestradores de Galicia[editar a fonte]
Votación PECHADA: Manter
Período de votación: 18/12/2018 - 28/12/2018
SI: 1 — NON: 2 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: Manter |
Despois de cavilar un pouco, quero propor para borrar esta categoría. A categoría de "Adestradores de Galicia" non ten equivalencia. Non ten equivalencia noutras linguas (o que non é tan importante), pero tampouco ten equivalencia no sistema. Os adestradores divídense en deportes, e despois aí cada "adestrador-de-deporte-concreto" ten os seus criterios de subcategorización, que adoita incluír país. Pero no caso de Galicia temos unha supracategoría que abranxe adestradores de fútbol, de baloncesto e de atletismo, que se poderían meter en cadansúa categoría "Adestradores de baloncesto de Galicia" e etc.
O autor desta categoría fun eu, co cal xa me dou por notificado.
A alternativa sería crear unha categoría "Adestradores de Croacia", que agrupase a "adestradores de esquí de Croacia", "adestradores de tenis de Croacia", etc. Pero realmente non sei que interese tería agrupar, no fondo, profesións distintas, só porque teñen en común que se moven no ámbito deportivo. E aínda que non é un traballo ímprobo, aínda hai algunhas ducias de países e categorías que habería que crear.
Contexto:
- Na es.wiki teñen unha categoría para Adestradores de España, Acerbaixán, Israel, Indonesia, Eslovenia e o Reino Unido, case todas elas cunha única subcategoría no interior.
- Na en.wiki si, téñenas todas. Ao igual ca en fr.wiki ou en nl.wiki.
- Na pt.wiki tenden a telas, pero só teñen unha ducia de países.
--Xabier Cid Talk 2 me, please 18 de decembro de 2018 ás 14:57 (UTC)[responder]
- Borrar
- Manter
(e crear as categorías equivalentes noutros países)
- Manter ☣Banjo tell me 18 de decembro de 2018 ás 14:59 (UTC)[responder]
- Manter --. HombreDHojalata.conversa 19 de decembro de 2018 ás 08:13 (UTC)[responder]
- Neutros
- Comentarios