Wikipedia:Votacións para borrar/Carlos Núñez Deza
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Propoño o borrado do artigo por unha serie de circunstancias que me fan desconfiar del. O artigo foi creado polo Usuario:Armoniauniversal, curiosamente o mesmo nome que a editorial da persoa da que trata o artigo (citar que este usuario creou e editou a entrada da editorial). O artigo carece de referencias, de feito asegura que ten tocado como solista con diversas orquestras sinfónicas... cales? O certo é que metendo o seu nome en Google hai escasas referencias á súa persoa (a maioría son vídeos de YouTube), o que me fai cuestionar a súa relevancia enciclopédica. A maior relevancia que parece ter é como compositor dunha obra para locomotoras... non aparece no artigo... Creo que o artigo é un caso clarísimo de autopromoción.
- Borrar
- Borrar. --Piquito (conversa) 27 de febreiro de 2015 ás 23:22 (UTC)[responder]
- Borrar. --Chairego apc (conversa) 27 de febreiro de 2015 ás 23:25 (UTC)[responder]
- Borrar. Incumple a política de Conflito de intereses -☣Banjo tell me 28 de febreiro de 2015 ás 00:06 (UTC)[responder]
- Borrar. --Elisardojm (conversa) 28 de febreiro de 2015 ás 01:14 (UTC)[responder]
- Borrar--. HombreDHojalata.conversa 28 de febreiro de 2015 ás 19:18 (UTC)[responder]
- Manter
- Neutros
- Comentarios
Soamente quero expresar que este articulo foi creado, hai xa moito tempo, co obxectivo de ser unha fonte de desambiguación, porque o nome e primeiro apelido da persoa tratada coincide cos doutro músico que, ademais, é familiar seu. Desgraciadamente, moitas das actividades musicais de Carlos Núñez Deza figuran ou foron promovidas co nome de Carlos Núñez, e iso creou confusións. Intentouse realizar con punto de vista neutral e é moi conciso, por iso ten a categoría de artigo nos seus primeiros pasos. Non se achegaron fontes, nin completado detalles —non soamente o relacionado coa "Sinfonía dos trens"—, pois a idea é que iso o realizasen persoas alleas e con diferentes visións.Soamente se incluíu a relación coa editorial, pois se quería facer un artigo sobre esta, de características similares a outras que figuran en Wikipedia. Pero en todo caso comprendo e respecto as decisións que tome a comunidade de Wikiedia, e sinceramente pido desculpas pola miña falta de coñecemento (máis ben ignorancia) á hora de formular estes artigos, que foron realizados coa mellor das intencións e sen ánimo de autopromoción, aínda que agora comprendo que non foi o caso. Grazas a todos e todas polo excelente traballo que realizades.--Armoniauniversal (conversa) 28 de febreiro de 2015 ás 08:42 (UTC)[responder]