Wikipedia:Votacións á administración/Revogacións/Solicitudes/Usuario:Sobreira
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
- Solicito a revogación como administrador de Sobreira por "Abandono das funcións de administración durante tres anos. Enténdese como abandono o feito de que haxa menos de 20 accións que só poden desenvolver exclusivamente os administradores." A única edición exclusiva dun administrador súa que atopo nos tres últimos anos é o bloqueo dun usuario anónimo o 28 de xaneiro de 2009.
- Isto non é unha votación. Segundo as políticas, se dous usuarios máis, aparte de min, a apoian, a solicitude pecharase e pasarase á fase de votación. --. HombreDHojalata.conversa 15:46, 19 de xaneiro de 2012 (UTC)
- Concordo--. HombreDHojalata.conversa 15:46, 19 de xaneiro de 2012 (UTC)
- Concordo --Atobar (conversa comigo) 16:25, 19 de xaneiro de 2012 (UTC)
- Concordo --Estevo(aei)pa o que queiras... 17:33, 19 de xaneiro de 2012 (UTC)
- Comentario O procedemento este é correcto, pódese solicitar a revogación. Porén, dado que Sobreira é un usuario activo, penso que sería máis correcto informalo para que renunciase el mesmo a ser administrador. --Estevo(aei)pa o que queiras... 17:12, 19 de xaneiro de 2012 (UTC)
- Tento ser escrupuloso segundo Wikipedia:Elección de administradores#Revogación dos permisos de administrador. Primeiro ven a solicitude que teñen que apoiar 3 usuarios, despois a comunicación a el e a votación se cadra. Penso, ademais, que esa maneira de facelo e boa porque [1º] evita que se inicie o proceso coa opinión dun solo usuario (eu) e [2º] Sobreira é informado en tempo e forma e pode renunciar se o desexa ou expresar calquera outra cousa, obviamente.--. HombreDHojalata.conversa 17:25, 19 de xaneiro de 2012 (UTC)
- Entendo o teu proceder, e comprendo que é o correcto segundo o proceso de revogación, pero penso que neste caso concreto non estaba de máis informar antes ao usuario. Ademais, en caso de renunciar voluntariamente evitaría ter que levar adiante a votación, co cal o proceso sería máis cómodo e rápido. Con todo, graciñas, HombreDHojalata, por estares atento á (in)actividade da xente para actualizar as categorías da comunidade. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 17:33, 19 de xaneiro de 2012 (UTC)