Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Civismo
Ferramentas
Accións
Xeral
Imprimir/exportar
Noutros proxectos
Aparencia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: Votación da proposta de política Wikipedia:Civismo
Período de votación: 29/11/2015 - 29/12/2015
SI: 6 — NON: 0 — NEUTRO: 1 — CONCLUSIÓN: aprobada |
Esta é unha das norma fundamentais de conduta de tódalas wikis, que aquí aínda non tiñamos redactada. Neste caso o texto da proposta está traducido e adaptado dende a wiki inglesa.
- A favor
- Concordo. --☣Banjo tell me 29 de novembro de 2015 ás 09:40 (UTC)[responder]
- Concordo. --Breogan2008 (conversa) 1 de decembro de 2015 ás 09:57 (UTC)[responder]
- Concordo. --. HombreDHojalata.conversa 2 de decembro de 2015 ás 07:51 (UTC)[responder]
- Concordo. --Elisardojm (conversa) 4 de decembro de 2015 ás 01:00 (UTC)[responder]
- Concordo. --Chairego apc (conversa) 4 de decembro de 2015 ás 18:13 (UTC)[responder]
- Concordo. --Castelao (conversa) 16 de decembro de 2015 ás 12:42 (UTC)[responder]
- En contra
# Discordo. Ver comentario. --Piquito (conversa) 3 de decembro de 2015 ás 07:54 (UTC)[responder]
- Neutros
- Neutro. Non voto a favor porque creo que a solución aos problemas de convivencia da Galipedia non pasa por crear unha política senón por un cambio de actitude e unha actitude máis dialogante que se aplique de verdade. Creo que co diálogo non son necesarias este tipo de políticas. Risco o voto en contra porque confio en que, visto o visto, pode haber diálogo. --Piquito (conversa) 4 de decembro de 2015 ás 23:21 (UTC)[responder]
Comentarios
[editar a fonte]- Comentario. Realmente hai algo nesta política que deba ser escrito? Creo que hai unha obsesión por regular absolutamente todo o que rodea o proxecto... ás veces hai cousas que hai que regular e outras non, neste caso non hai que regular nada. Penso que o problema da Galipedia non é que falten políticas, que haxa poucos artigos, que haxa artigos con erros, que a comunidade non participe nas votacións... o problema básico que hai na Galipedia é que non se fala, así de simple, e iso o que fai é que o ambiente empeore, algúns non nos sintamos cómodos, e que a xente se plantexe deixar o proxecto ou que directamente o deixe. Creo que esta política non vai mellorar en nada o ambiente, de feito creo que vai ser peor, cando fagas algo supostamente incívico un administrador escribirate dicíndoche que leas a política... adeus trato persoal. Creo que o ambiente mellórase sendo próximo e empático, falando coa xente e sendo humilde e autocrítico cando alguén exponche algo que lle sentou mal. Eu estou mal con dous usuarios, eles saben por que pero eu non sei por que eles están a mal comigo, o que ao final provoca unha situación incómoda e mal ambiente, o certo é que a min nunca ninguén me escribiu para desculparse por algo que fixeron ou dixeron e que a min me molestara, como xes expresei, do mesmo xeito ninguén me expresou nunca o seu malestar. A mediación estáben para facer que as partes vexan a situación e que puideron facer algo mal, pero o conflito debe solucionarse falando, e iso é precisamente o que non se fai: falar, empatizar, pedir desculpas, expresar o teu malestar (se non expresas o teu malestar a outra persoa non te pode pedir desculpas e a situación enquístase) En definitiva, non se trata de facer unha política, trátase de falar coa xente, deixemos de tanto redactar e votar políticas para calquera nimiedade (ata para escoller un nick ou asinar temos políticas xa) e interesémonos polo que lle pasa ao compañeiro, expresemos oque sentimos, e sobre todo pidamos desculpas cando lle faltemos a alguén, non se trata de nada máis, supoño que se pode resumir en "non lle fagas/digas aos demais o que non che gustaría que che fixeran/dixeran a ti", e iso todos o sabemos, non é necesario que quede escrito nunha política. Un saúdo, --Piquito (conversa) 3 de decembro de 2015 ás 07:54 (UTC)[responder]
- Realmente hai algo nesta política que deba ser escrito?-> Si, Wikipedia:Civismo é unha das políticas fundamentais de toda wikipedia no tocante as normas de conduta, nomeada nos Cinco piares.
- Eu estou mal con dous usuarios -> Se tes algún problema ou conflito con algún usuario ou usuarios informa diso no Taboleiro dos admins, na Taberna ou fala directamente con eles para arranxalo.
- ata para escoller un nick ou asinar temos políticas xa -> Igual que tódalas wikipedias e moitas outras comunidades en liña, precisamente para evitar problemas de conduta.
- ☣Banjo tell me 3 de decembro de 2015 ás 08:56 (UTC)[responder]
- Comentario Eu creo que si son necesarias estas políticas, é preciso un regulamento para que todos os usuarios teñan as cousas claras de como participar no proxecto, sobre todo os novos.
- Por outra banda tamén concordo con Piquito en que hai que mellorar a comunicación, sobre todo cando hai conflitos, para permitir que se resolvan da mellor forma posible.
- Aquí estamos todos para traballar a favor do proxecto, penso que nisto concordamos todos, entón, que problema hai? Digámolo, falemos cos usuarios cos que temos problemas e vexamos como solucionalos: pidamos que se aclaren as cousas e tamén aclaremos o que faga falta, teñamos calma, asumamos boa fe e falemos todo o que haxa que falar ata que se resolva o tema...
- Moitas veces o que é obvio para un pasa desapercibido para outros, e disto creo que sabemos ben na Galipedia, porque mira que hai centos de veces que nos corrixen cousas que pensamos que están ben, e tamén moitas outras temos que amañar cousas que nos parecen sinxelas noutros artigos. Saúdos, Elisardojm (conversa) 3 de decembro de 2015 ás 10:51 (UTC)[responder]
- Síntoo Elisardojm, eu non vexo necesario establecer normas de conduta, o que se necesita é un cambio de actitude. Pode vivirse sen normas de conduta escritas simplemente tendo claro que non debes facerlle aos demais o que non queres que che fagan a ti. Todos nos equivocamos, eu o primeiro, o que hai é que saber rectificar. Banjo, os problemas non se solucionan poñendo nada no taboleiro dos administradores nin falando cun mediador, os problemas solucionanse falando coa persoa coa que se ten o problema, eu iso xa o fago, quen ten problemas comigo sabe exactamente cales son, sabe o que me molestou, e decidirá cando quere arranxar as cousas, creo que así se solucionan os conflitos, non no taboleiro dos administradores, oxalá fixeran comigo o que eu fago cos demais para así poder explicar as cousas e pedir desculpas se é necesario, en lugar de que a xente faga o vacío. En fin, diálogo. Discordo coa política porque creo máis no diálogo e o sentido común que na imposición de normas, a realidade é que case ninguén (por non dicir ninguén) entra na Galipedia cun nick para faltar o respecto a ninguén, e se o fai é expulsado e punto, pero para iso non é necesaria unha política, fálase coa persoa e se persiste se lle invita a marchar. --Piquito (conversa) 3 de decembro de 2015 ás 11:37 (UTC)[responder]
┌────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────┘
- "os problemas solucionanse falando coa persoa coa que se ten o problema"-> É o que dixen ao final do meu punto: "Se tes algún problema ou conflito con algún usuario ou usuarios [...] ou fala directamente con eles para arranxalo."
- " ninguén entra na Galipedia cun nick para faltar o respecto a ninguén, e se o fai é expulsado e punto [...] fálase coa persoa e se persiste se lle invita a marchar." -> É o que di a proposta Wikipedia:Nomes de usuario, agás que a indicación nesa proposta é a de invitarlle a cambiar o nome e contribuír, non a marchar. ☣Banjo tell me 3 de decembro de 2015 ás 11:45 (UTC)[responder]
- É unha mágoa que tan só te quedes con iso. A última parte do que digo non ten nada que ver co que ti entendiches, aquí non falo dos nicks, falo da conduta. --Piquito (conversa) 3 de decembro de 2015 ás 11:53 (UTC)[responder]
- Eu tamén falo de conduta, no primeiro punto. "os problemas solucionanse falando coa persoa coa que se ten o problema"-> "Se tes algún problema ou conflito con algún usuario ou usuarios [...] fala directamente con eles para arranxalo." ☣Banjo tell me 3 de decembro de 2015 ás 11:57 (UTC)[responder]
- É unha mágoa que tan só te quedes con iso. --Piquito (conversa) 3 de decembro de 2015 ás 12:05 (UTC)[responder]
- Con qué máis queres que me quede? O resto que comentas é prácticamente o que se indica na proposta, relacionarse de forma cívica. Que máis consideras que debería ter en conta? ☣Banjo tell me 3 de decembro de 2015 ás 12:17 (UTC)[responder]
- Banjo, se non o ves é ou porque non o tes que ver ou porque aínda non é o momento de que o vexas. En calquera caso eu non te podo dicir o que ver porque é algo que ten que ver cada un. --Piquito (conversa) 3 de decembro de 2015 ás 16:12 (UTC)[responder]
- Con qué máis queres que me quede? O resto que comentas é prácticamente o que se indica na proposta, relacionarse de forma cívica. Que máis consideras que debería ter en conta? ☣Banjo tell me 3 de decembro de 2015 ás 12:17 (UTC)[responder]
- É unha mágoa que tan só te quedes con iso. --Piquito (conversa) 3 de decembro de 2015 ás 12:05 (UTC)[responder]
- Eu tamén falo de conduta, no primeiro punto. "os problemas solucionanse falando coa persoa coa que se ten o problema"-> "Se tes algún problema ou conflito con algún usuario ou usuarios [...] fala directamente con eles para arranxalo." ☣Banjo tell me 3 de decembro de 2015 ás 11:57 (UTC)[responder]
┌────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────┘ Perdinme, sintoo. Sigo sen saber a que te refires, nin sei que e iso que tería que ver e non vexo, ou que é iso co que non me quedei. ☣Banjo tell me 3 de decembro de 2015 ás 16:19 (UTC)[responder]
- Non pasa nada Banjo, se o tes que ver o verás, se cadra é cuestión de tempo e/ou de perspectiva. Cando crea telo visto podes contactar comigo e intercambiar opinións. Un saúdo! --Piquito (conversa) 4 de decembro de 2015 ás 23:21 (UTC)[responder]