Wikipedia:Sobre Galicia/xaneiro 2014

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Illa de Ons forma parte dun pequeno arquipélago formado por illas e illotes que se atopa na entrada da ría de Pontevedra. A illa de Ons, cos seus 5,5 km de lonxitude, é a illa máis extensa do Atlántico peninsular. A zona occidental é a máis escarpada, con abruptos cantís, en cambio a oriental é máis suave e conta con numerosas praias.

Pola súa riqueza natural e paisaxística, a illa de Ons é unha das compoñentes, xunto ás Cíes, Sálvora e Cortegada, do primeiro Parque Nacional de Galiza.