Wikipedia:Proxectos pedagóxicos/CEIP Plurilingüe de Tarrío

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
  • Proxecto: Proxecto iniciación á Galipedia.
    Responsable: Elisardojm (conversa · contribucións)
  • Lugar da formación: CEIP Plurilingüe de Tarrío (Culleredo)
  • Formación dos contribuíntes: Estudantes de 5º de Primaria
    Número de contribuíntes: Alumnos da clase de 5ºB. Idade dos contribuíntes: 10 a 11 anos
  • Calendario:
    Comezo do proxecto: 26 de xaneiro de 2017
    Finalización do proxecto:

Resumo de balance: rematado

Obxectivos[editar a fonte]

  • Presentar a Galipedia ós alumnos.
  • Concienciar ao alumnado da importancia da participación e o coidado da Galipedia.

Metodoloxía[editar a fonte]

Farase unha pequena presentación da Galipedia na que haberá unha parte de edición práctica corrixindo erros ortográficos sinxelos. Quedará unha pequena parte do traballo para que sigan participando pola súa conta.

Participantes e contribucións[editar a fonte]

Profesores[editar a fonte]

Colaboradores da Galipedia[editar a fonte]

Alumnos[editar a fonte]

Correccións de *xelo. Aparicións iniciais: 28.
Usuario Artigos amañados Total amañados
Noainsua
Ireneredondo Canadá 1
Luciasánchez
Pabloestraviz
Teocalvo Nueno 1
Diegosanchezreborido
Parislabrada Europa (lúa) 1
darlynandujarminaya Washington, D.C. 1
Opon1
Ikerlage
DilanBreijo
Luismato
Sergiograndio
Martinmaciel
Danielacastroaldao
Isabellanoguera Nivel medio do mar 1
Raquellamas
Pedrocabreracouceiro
Jorgepereiraeiriz
Elenamosquera An Inconvenient Truth 1
Gabrielaantiavazquez
Jessikavarela Hendrick Avercamp 1
Total artigos amañados pola clase 7
Total artigos amañados por HombreDHojalata Hugo Obermaier, Annapurna, Darkover,
Pequena Idade de Xeo, Drumlin, Lista de raíces indoeuropeas
6
Total artigos correctos 13

Documentos e ligazóns de utilidade[editar a fonte]

Fíxose unha pequena presentación do que é a Galipedia. Logo presentouse un texto cun erro ortográfico, "Non me botes *xelo na Cocacola", e preguntouse ós nenos se había algún problema coa frase. Os nenos atoparon doadamente o erro e despois fíxose un pequeno obradoiro de edición, explicóuselle como buscar esta palabra na Galipedia para ver tódolos artigos que a contiñan, repartíronse os artigos da lista entre todos, e despois de comprobar que era necesario corrixilo, editaron as páxinas para amañalas. Nesta xornada amañaron algúns artigos co termo incorrecto *xelo.

Gustou a actividade e hai posibilidades de repetila con outros cursos do centro. Tamén hai posibilidades de facer outra actividade un pouco máis elaborada máis adiante.

Algúns problemas detectados:

  • Revisar as edicións de cada neno no seu sitio leva bastante tempo.
  • Como asignar cada artigo da lista que devolve o buscador a cada neno, para que non se produciran conflitos de edición. Desta vez a solución foi numerar ós nenos e que cada un collera o artigo do seu número da lista. Se o artigo non había que modificalo, asignábamos o seguinte número libre ó neno.
  • Non había tantos erros para modificar como sería desexable. Isto provocou que bastantes nenos tiveran que buscar un novo artigo facendo que lles levara máis tempo a proba de edición. Noutras ocasións sería recomendable buscar un erro máis común para que os nenos non tiveran que buscar en varios artigos.
  • Houbo artigos nos que só se corrixiu o erro unha soa vez cando estaba varias veces no texto. Para a próxima vez hai que avisarlles de que despois de amañar un erro teñen que revisar se aparece máis veces no artigo.
  • Noutros casos o erro estaba nunha ligazón e amañouse o texto que se visualiza no artigo pero non o texto da ligazón. Ó usar o Editor Visual e non ter experiencia con el, este caso non se deu detectado, hai que revisar mellor as edicións no obradoiro para que non se produzan estes problemas.
  • Non é doado atopar erros ortográficos que teñan un pequeno compoñente didáctico para o seu nivel e que teñan un número abondo de artigos con erros para que poidan modificalos todos os rapaces da clase.


Véxase tamén[editar a fonte]

Outros artigos[editar a fonte]