Wikipedia:O que "Ignore todas as regras" significa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Se unha regra impide que poida mellorar ou manter a Wikipedia, ignórea.

O que "Ignore todas as regras" significa[editar a fonte]

Non é necesario ler ningunha norma antes de contribuír na Wikipedia. Se fai algo sensato, polo xeral será correcto, e de non ser non hai porqué preocuparse. Incluso os peores erros poden correxirse, as versións anteriores dunha páxina gardánse no historial e poden restaurarse. Edite con afouteza e gozo axudando a construír esta enciclopedia libre.

  • Non se require aprender as normas antes de contribuír na Wikipedia.
  • Non siga instrucións escritas, considere como a enciclopedia pode mellorar ou resultar danada en cada edición.
  • As políticas e normas non son importantes só por levar a etiqueta "Política oficial", mais son importantes por ser un reflexo de opinións compartidas e prácticas habituais de moitos editores.
  • Moitas normas son máis descritivas que prescritivas. Describen unha práctica existente, e nalgunhas ocasións poden quedar atrás en comparación coa práctica en si.
  • Wikipreitear non funciona. As lagoas e tecnicalidades non existen na Wiki. Wikipedia non é unha burocracia.
  • O espírito da regra é máis importante que a letra da mesma. O propósito común de construír unha enciclopedia libre é máis importante que ambalas dúas cousas.
  • Seguir as normas é menos importante que usar o bo xuízo, recapacitar e ser considerado, tendo en conta que o bo xuízo non sempre o amosan só os que están de acordo con vostede. Vexa Wikipedia:Civismo.

O que "Ignore todas as regras" non significa[editar a fonte]

Malia o seu nome, "Ignore todas as regras" non ten o propósito de sabotar ás outras normas. O seu propósito é que as propias normas non saboten a propia construción dunha enciclopedia libre.

  • "Ignore todas as regras" non exime de que se cumpran certas políticas e normas. Non se poden violar as resolucións oficiais da Fundación Wikimedia.
  • "Ignore todas as regras" non significa que calquera acción sexa xustificable. Non é un comodín nin unha carta branca. Ao ignorar unha regra debe xustificarse como a acción mellora a enciclopedia. En caso de conflito, o consenso xeral dictará se a acción é realmente unha mellora.
  • "Ignore todas as regras" non limita que lle indique unha política ou norma a alguén que a incumpra, máis considere que o xuízo dese outro editor pode ser correcto, e que ese editor definitivamente pense que está no correcto.
  • "Ignore todas as regras" non é por si mesmo unha resposta válida se alguén lle pide explicacións polo incumprimento dunha regra. A maioría das normas derivan dunha acumulación de experiencia e consenso, e existen por un bo motivo. Polo tanto, só deberían ignorarse tendo un bo motivo.
  • "Ignore todas as regras" non exime de responsabilidade. Segue a ser responsable dos efectos que poidan ter as súas accións sobre a enciclopedia e sobre outros editores.
  • "Ignore todas as regras" non é unha invitación a usar a Wikipedia para propósitos contrarios ao de construír unha enciclopedia libre. Vexa O que a Wikipedia non é.
  • "Ignore todas as regras" non significa que exista necesariamente unha excepción en cada regra. Por exemplo, unha violación de dereitos de autoría non axuda a construír unha mellor enciclopedia.
  • "Ignore todas as regras" non é unha tarxeta de "Saia libre do cárcere". Se vostede recibe un bloqueo ou advertencia por unha edición que incumpra unha norma e non axude a mellorar a enciclopedia, non pode usar "Ignore todas as regras" coma unha razón para pedir o desbloqueo ou argumentar en contra da advertencia.

Véxase tamén[editar a fonte]

Outros artigos[editar a fonte]