Wikipedia:Liberdade de Panorama en Europa 2015
As imaxes de edificios modernos deben permanecer na Wikipedia.
A ausencia de Liberdade de Panorama significa que non poderemos ilustrar a Wikipedia de forma axeitada.
A razón pola que a Wikipedia pode mostrar de forma gratuíta espazos públicos en moitos dos países da Unión Europea é porque teñen Liberdade de Panorama. Esta é unha excepción ós dereitos de autoría que permite que a xente faga e use fotografías de espazos públicos sen restricións, ó mesmo tempo que se protexen os dereitos dos arquitectos ou dos artistas visuais.
Agora, o uso gratuíto de moitas desas imaxes está en perigo por unha proposta no Parlamento Europeo. Se o texto restritivo aceptado polo Comité de Asuntos Legais é adoptado no curso do próximo procedemento lexislativo da UE sobre a reforma dos dereitos de autoría, centos de miles de imaxes presentes na Wikipedia deixarán de ser gratuítas e por iso non poderán estar na Wikipedia. Máis información →
Facebook e Twitter: #saveFoP
Ligazón: https://meta.wikipedia.org/wiki/saveFoP
London Eye en Londres, Gran Bretaña
Palacio Nacional da Cultura en Sofia, Bulgaria
Viaduto de Millau no sur de Francia
Torre Ještěd na República Checa
Casa danzante en Praga, República Checa
Reichstag dome, Alemaña
A sereíña, Copenhaguen
Castelo Real en Warsaw, Polonia