Saltar ao contido

Casa danzante

Casa danzante
Nové Město e Praga 2 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Nome orixinal
Tančící dům (cs) Editar o valor en Wikidata
 Estilo
Implicados
 Arquitecto/a
 Propietario/a
Datas
 Fundación / creación
1996 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
3 de setembro de 1994colocación da primeira pedra Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Rúa
 Coordenadas
Códigos e identificadores
Código postal120 00 Editar o valor en Wikidata
VIAF147056187 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/063g9c Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

A Casa Danzante (en checo Tančící dům) é un vangardista edificio de oficinas do centro de Praga, na República Checa. O inmoble foi deseñado polo arquitecto checo (nado en Croacia) Vlado Milunić, en cooperación co arquitecto canadense Frank Gehry no lugar onde se atopaba un inmoble en estado ruinoso destruído durante o Bombardeo de Praga, en 1945. As tarefas de construción comezaron no ano 1994 e remataron dous anos despois, en 1996.

Vista dende a ponte.

O estilo non tradicional causou moita controversia na época. O presidente checo Václav Havel, que viviu preto do inmoble durante décadas apoiou o proxecto, agardando que o edificio se convertese nun centro de actividades culturais.

Recibe tamén o nome de Ginger e Fred por Fred Astaire e Ginger Rogers, debido a que a construción lembra vagamente unha parella de baile.

Na cobertura existe un restaurante Francés con vistas magníficas da cidade. Os planos para convertelo nun centro cultural non chegaron a facerse realidade. Na actualidade o inmoble funciona como un edificio alugado a firmas multinacionais.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]