Wikipedia:Imaxe da semana/Propostas/Imaxe:Pintada anarquista no barrio de Conxo (Santiago de Compostela).jpg
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Ficheiro:Pintada anarquista no barrio de Conxo.jpg[editar a fonte]
[Imaxe:Pintada anarquista no barrio de Conxo (Santiago de Compostela).jpg|300px|Pintada anarquista no barrio compostelán de Conxo]
- Información: Pintada anarquista no barrio compostelán de Conxo;
creada por Iago Pillado - cargada por Iago Pillado - proposta por Estevoaei --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 18:17, 28 abril 2008 (UTC)
- Concordo; Véxase artigo anarquía; --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 18:17, 28 abril 2008 (UTC)
{{Discordo}}Salvando que non teño claro o contido da imaxe para ser portada unha semana (é tan certo que ser libre non é botar cada catro anos coma que tampouco é deixar de votar cada catro anos: non entendo a mensaxe, nin creo que debamos transmitir mensaxes na portada), tecnicamente a imaxe é moi pobre (aberracións de cor, ausencia de nitidez). Semella feita cun móbil--Lmbuga Commons - Galipedia 18:33, 28 abril 2008 (UTC)
- Discordo Penso que ademais de que a foto non é demasiado atractiva, que na portada vaia unha imaxe tan explícita, e á vez que sexa unha pintada que non ten por que representar ó anarquismo (aínda que eu poida estar de acordo na mensaxe), non a fai, na miña opinión, merecente de ir á portada. Un saúdo. AlberteSi, digame? 20:44, 5 maio 2008 (UTC)
- Discordo Para portada non me acaba de convencer. --Furado 07:48, 11 maio 2008 (UTC)
( Pregunta:) A mín a imaxen gustame é estoi disposta a concordar. Pero antes quero saber si eso dos catro anos é unha mensaxe que ten que ver coa a politica actual en Galicia ??? No caso que sexa mensaxe vinculado coa actualidade irei a neutro ou a contra, segun a mensaxe. Si é mensaxe do pasado ou si é estilo post "situationiste" (non sei como se llama en galego o movimento aredor de Guy Debord ) poís vou concordar xa que as trazas da historia e as trazas das culturas son enciclopedicas. ElviraConversa comigo 20:57, 28 abril 2008 (UTC)
- Comentario En Galicia, como no resto de España, as votacións xerais, autonómicas e locais fanse cada 4 anos, salvo adiantos esporádicos. A mensaxe quere advertir que a liberdade -outros din a democracia- é moito máis que ser chamados ás urnas cada 4 anos para que logo os políticos elixidos esquezan a opinión dos votantes. Quizais sexa unha mensaxe moi oportuna agora que estamos a piques de cumpri-los 40 anos do maio do 68 (alá na prehistoria, case). Pedro --Lameiro (conversa) 22:55, 28 abril 2008 (UTC)
Comentario É coma di Lmbuga, a foto saqueina co móvil, e por iso non ten moi bóa calidade. De todos modos, paso por onde está con frecuencia co que lle podo sacar unha mellor hoxe mesmo. Non a subín polo lema, senón porque vin que no artigo sobre Anarquía só había unha imaxe co símbolo do movemento, e pareceume interesante ter unha foto da presenza do mesmo en Galiza (anque fora unha triste pintada :) ). De todos modos, recoñezo que quizáis non sexa acaída coma foto de portada. Saúdos. --Iago 10:21, 29 abril 2008 (UTC)
Comentario Agora entendo o que pode querer dicir a imaxe. Debía estar un pouco aparvado para non me decatar. Se se sobe outra imaxe con mellor calidade, non me oporei.--Lmbuga Commons - Galipedia 17:37, 29 abril 2008 (UTC)
- Sigo dándolle voltas ó que di. Non me parece que diga o que dicides vós. Diría iso se puxese Ser libre non é só votar cada catro anos. O que pon ten máis lecturas: Non coincido co que pon. Non me oporei se se sobe unha imaxe mellor, pero sigo preguntándome se ter mensaxes con base ideolóxica na portada (ó meu parecer é unha mensaxe anarquista e non op que dicides vós) procede --Lmbuga Commons - Galipedia 17:37, 29 abril 2008 (UTC)
Comentario Non entendo a transcendencia que se lle dá á mensaxe. Cando se sube unha imaxe dunha capela ou dunha igrexa, súbese polo seu valor artístico ou arquitectónico, non como delegación parroquial da igrexa católica. Propuxen esta imaxe polo seu valor como imaxe referente ó artigo anarquismo, polo feito de ser un acto reivindicativo, e polo feito de ser unha mensaxe nunha pintada, que creo que é algo bastante frecuente e que forma parte da cultura urbana do século XX e xa do XXI. A proposta vai máis alá da mensaxe (boeno, certamente non proporía un "Arriba España!").
Aínda que tampouco estaría de máis unha foto do mesmo con mellor calidade, que estea tirada co celular tampouco é incompatible coa cultura underground vencellada ás pintadas na rúa. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 17:57, 29 abril 2008 (UTC)
- Poís a ver si se pon unha de millor calidade. Se non leva mesaxe vinculado co a actualidade politica esta ben. O de levar mesaxe co anarquismo non é problema, podese pór na portada calquer tema dos movimentos polticos. O que conta é que a Galipedia non se vincule coa actualidade, penso eu para respetar o punto de vista neutral e falando de todo. ElviraConversa comigo 22:25, 29 abril 2008 (UTC)
Comentario Xa mudei a foto orixinal por outra con mellor calidade. A outra pódese borrar. --Iago 16:37, 30 abril 2008 (UTC)