Wikipedia:Imaxe da semana/Propostas/Ficheiro:Batalla de Elviña, A Coruña.jpg
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Ficheiro:Batalla de Elviña, A Coruña.jpg[editar a fonte]
- Información: imaxe creada por José Luís Cernadas Iglesias e cargada por Lmbuga; proposta por Iago. --Iago dime 11:02, 29 marzo 2010 (UTC)
- Recreación da Batalla de Elviña. Vexa o artigo Guerra da Independencia española.
- A favor
- Concordo. --Iago dime 11:02, 29 marzo 2010 (UTC)
- Concordo.--Carronada 12:30, 31 marzo 2010 (UTC)
- Concordo. Elvira (conversa comigo) 14:36, 5 abril 2010 (UTC)
- Concordo boa disposición dos elementos principais. Quedou moi cinematográfica. --Alberte Si, dígame? 09:12, 18 de abril de 2010 (UTC)
- Concordo. Gosto moito de temas orixinais, coma este, para a portada. --. HombreDHojalata.conversa 22:00, 23 de abril de 2010 (UTC)
- Concordo --☣Banjo tell me 17:58, 22 de xuño de 2010 (UTC)
- En contra
- Discordo. Xoacas(góstache o pemento?) 14:30, 29 marzo 2010 (UTC)
- Comentarios
- Comentario Creo que aínda que non sexa unha obrigación expresa, a boa educación debera provocar que os votos negativos sexan xustificados dalgún xeito, máis ca nada como respecto ó fotógrafo e ó propoñente. É bo saber cal é o motivo polo que non acada a calidade para ir á portada, incluso se os argumentos son "porque si" ou "saiume do fondo". --Alberte Si, dígame? 09:12, 18 de abril de 2010 (UTC)
- Comentario Eu non o creo. Xoacas(non che sinto?) 23:23, 21 de abril de 2010 (UTC)
- Comentario Aviso aos colaboradores, especialmente aos administradores; as impertinencias de usuarios coma Xoacas é mellor atallalas antes de que a convivencia dexenere. Se o respeto é básico en calquera contexto, aínda máis debería extremarse nun proxecto no que a colaboración se da por mero altruísmo. Inhibirse fronte a mostras de chulería, coma esta resposta a Alberte, o único que conseguen é envalentonar ó arrogante. --Iago dime 15:54, 23 de abril de 2010 (UTC)
- Comentario. A min tamén me pareceu unha frase un tanto impertinente. De calquera maneira, Iago, isto de se argumentar ou non está a ser discutido na páx. de conversa creada por Toliño ao efecto de aclarar as votacións. Copio o que eu puxen relativo aos comentarios dos votos negativos: Unha soa cousa: a argumentación non debe de ser unha obriga (no entanto, vexo ben que se manteña a recomendación de argumentar os votos negativos). Máis ou menos, Lameiro dixo o mesmo: Estou en contra da obriga de xustifica-los votos, sexan a favor ou en contra. Quen queira argumentar, que o faga cando queira (e ata podo entender que se recomende facelo), pero pido a mesma liberdade para quen prefira non argumentar nada.. Prevert pedía a obrigatoriedade. Os demais non me lembro. Anímate e comenta alí o teu parecer. Se finalmente se aproban as políticas coa recomendación, daquela Alberte non tería que comentar nada aquí (en todo caso, comentarllo a un usuario novo nas súas primeiras votacións) e consecuentemente Xoacas estaría no seu dereito de non argumentar e xa que logo non tería saído cunha frase que eu tamén entendo a destempo. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 16:15, 23 de abril de 2010 (UTC)
- Comentario. Eu penso que se non hai que argumentar pra votar positivo tampouco hai que facelo pra votar negativo.--Hugo22 16:30, 23 de abril de 2010 (UTC)
- Comentario Ola de novo. Non se trata, polo menos para min, dun problema sobre os votos nin as arguementacións, senón sobre a atitude cara os demáis colaboradores. A min non me molesta (faltaría máis) que alguén vote en contra dunha imaxe miña ou proposta por min; entendo que o que a min me parece oportuno a outro pode parecerlle desacertado, ou viceversa, e non pasa nada. Nin sequera me molesta, anque si me parece aconsellable, que non se motiven os negativos. Moléstame a arrogancia. Ése é o problema. --Iago dime 16:49, 23 de abril de 2010 (UTC)
- Comentario Calma, calma, en dicir "eu non o creo" eu non vexo nada inapropiado, nin impertinencia!, nin chulería!, nin arrogancia! Simplemente di o que di, que ten un punto de vista diferente do do comentario inmediatamente anterior, nin mais nin menos. O que non leva a nada e insistir, e insistir, e insistir, en un tema que xa está clarísimo e que xa se tratou en moitas ocasións (segundo as políticas actuais, non é obrigatorio, aínda que si recomendado, argumentar os votos negativos) xa o sabemos todos, e cada vez que se lle recorda a alguén parece que a intención é recriminarlle algo, cando tamén parece estar claro que non hai nada que recriminar. --. HombreDHojalata.conversa 22:00, 23 de abril de 2010 (UTC)
- Comentario HombreDHojalata, por favor, fíxese no que pon o meu comentario anterior; isto non ten nada que ver coas normas de votación, que se están a discutir noutra páxina; o que opine delas xa o direi alí. Protesto polo que eu entendo coma unha atitude inapropiada. Cadrou nesta páxina coma puido ser en calquera outra. De todos modos, non ten sentido darlle máis voltas. --Iago dime 08:21, 24 de abril de 2010 (UTC)
- Comentario Son tan presuntoso que penso que a alguén lle pode importar a miña opinión, por iso aí vai: non vexo impertinente, presuntuosa nin fóra de lugar (nin nada equivalente) o comentario-resposta de Xoacas. El non cre necesario argumentar e dío. Máis nada. Saudos, Pedro --Lameiro (conversa) 12:07, 24 de abril de 2010 (UTC)
- Comentario A túa opinión de ningún modo vale menos ca a de calquera outro colaborador. Agradézoche que a des, anque non coincidamos. Saúdos. --Iago dime 22:05, 24 de abril de 2010 (UTC)
- Comentario Por casualidade, lin esta conversa. Creo que, inda que sexa como ip, podo opinar. Estou completamente de acordo con Iago (e con Prevert, polo que se di): ¿Cando se bota a favor do borrado dunha imaxe non hai que dicir o porqué ou adherirse a motivos xa expresos?
- O voto positivo é o que debería ser recomendado fundamentar, o negativo debería ser obrigado que teña fundamentación. Nesta liña, debería ser recomendado fundamentar os motivos de proposta dunha imaxe a imaxe da semana, pero debería ser obrigada a fundamentación en contra; claro que a min... dáme igual. As cousas terían ido mellor desde fai tempo cun algo máis de seriedade--83.165.108.7 20:36, 6 de maio de 2010 (UTC)
- Luís? --. HombreDHojalata.conversa 20:42, 6 de maio de 2010 (UTC)
- Por certo, a imaxe é excelente, inda que a nitidez un algo superior ó recomendable--83.165.108.7 20:59, 6 de maio de 2010 (UTC)
- Luís? --. HombreDHojalata.conversa 20:42, 6 de maio de 2010 (UTC)
- Resultado: 6 votos a favor, 1 en contra. Apróbase como imaxe da semana 31 do ano 2010.