Wikipedia:Efemérides destacadas/16 de febreiro
Aparencia
- 1919 - 4 labregas foron abatidas a tiros por axentes da Garda Civil na parroquia de Sofán, cando participaban na comitiva para soterrar un neno no cemiterio vello clausurado polas autoridades.
- 1930, asínase o Pacto de Lestrobe, polo que se constitúe a Federación Republicana Gallega.
- 1936, a Fronte Popular gaña as eleccións en España.
- 1959, Fidel Castro convértese en primeiro ministro de Cuba.
- 1964, nace Bebeto, futbolista brasileiro.
- 2000 morre Suso Vaamonde, compositor e músico galego, nado na aldea de Regodobargo en Ponte Caldelas en 1950.
- 2005, entra en vigor o Protocolo de Kyoto (na imaxe).
Día da independencia en Lituania.