Wikipedia:Cando citar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os criterios dos artigos de calidade requiren citar as fontes nos lugares apropiados do texto. A política de verificabilidade require citar as fontes para calquera afirmación cuestionable o que sexa susceptible de ser cuestionada. Podes clarificar que fontes apoian o texto do artigo empregando notas ao pé após as frases, oracións ou parágrafos en cuestión e mantendo a integridade entre o texto e as fontes colocando as notas de forma clara e correcta.

Cando se require unha fonte[editar a fonte]

A información cuestionada por outro editor require unha fonte fiable. Calquera información susceptible de ser cuestionada debería estar referenciada para evitar posibles disputas e axudar ao lector. Na práctica isto supón que este tipo de afirmacións deben ir acompañadas de citas no corpo do texto e notas ao pé.

  • Citas: Debe engadirse unha nota ao pé ao citar calquera material publicado.
  • Parafrasear: Debe engadirse unha nota ao pé ao parafrasear o texto dunha fonte empregada coma referencia.
  • Afirmacións controvertidas sobre persoas vivas: Debe terse moita precaución ao engadir información sobre persoas vivas en calquera páxina da Wikipedia, que debe ir acompañada sempre de referencias a fontes fiables.
  • Afirmacións excepcionais: As afirmacións execpcionais requiren referencias a fontes fiables de calidade.
  • Outras: As opinións de particulares, datos e estatísticas deben ir propiamente referenciadas.

Cando pode non ser necesaria unha fonte[editar a fonte]

  • Sabedoría popular xeral: Afirmacións que o adulto medio pode recoñecer coma verdadeiras. Exemplo: "París é a capital de Francia" ou "Os humanos normalmente teñen dous brazos e dúas pernas."
  • Sabedoría popular relativa a un tema concreto: Información que alguén familiar cun tema concreto, incluíndo profanos, poida recoñecer coma verdadeiro. Exemplo: "Nun ordenador, o procesador é o compoñente que executa as instrucións."
  • Argumento ou sinopse do tema do artigo: Se o tema do artigo é un libro, filme, videoxogo ou outro tipo de obra artística, polo xeral non será necesario citar unha fonte ao describir os eventos ou detalles do argumento da obra. De ser unha obra seriada, citar o episodio concreto, número ou libro pode axudar na comprensión lectora a aqueles que non estean familiarizados coa obra. Tamén pode ser necesario a citación cando se use de forma inapropiada o uso da obra artística coma fonte primaria ou interpretación propia.

Citas nas introducións[editar a fonte]

Xa que a introdución dos artigos adoita repetir información xa incluída no corpo do texto, os editores deben buscar un balance entre engadir axudas ao lector para identificar fontes e tentar evitar citas redundantes. A información indicada na introdución que non sexa controvertida ten menos probabilidades de requirir unha fonte. Porén, isto non é unha excepción ao requirimento de citar as fontes. Os temas complexos, de actualidade ou controvertidos requerirán moitas citas, mentres que outros non. As afirmacións controvertidas sobre persoas vivas debe citarse sempre.

Relación texto-fonte[editar a fonte]

O espazo que debe existir entre unha afirmación e a súa fonte de referencia é cuestión de xuízo editorial. As fontes da información deben estar sempre claras, e os editores deben ter precaución cando editen información xa citada para aseguar que a relación entre o texto e a fonte non se rache. Ao escribir un parágrafo con múltiples oracións dende unha mesma fonte de referencia, esta fonte non ten porque citarse tras cada unha destas oracións, agás que a información sexa particularmente cuestionable.

Requirir fontes nas edicións doutros usuarios[editar a fonte]

  • O dereito a cuestionar: Calquera editor ten o dereito de cuestionar material non referenciado abrindo un debate na páxina de conversa ou engadindo unha etiqueta {{cómpre referencia}}. A información que debería eliminarse sen conversa previa inclúe afirmacións conflitivas sen referenciar sobre persoas vivas, exemplos claros de investigacións orixinais ou calquera outra cuestión claramente improbable ou que poida danar ao proxecto.
  • Non se debe cuestionar de maneira frívola: A información non debe cuestionarse de maneira frívola ou desinteresada, nin con propósito disruptivo. Os editores que cuestionen unha determinada información deben ter unha razón para crer que as afirmacións sexan cuestionables, falsas ou inapropiadas.

Véxase tamén[editar a fonte]