Wikipedia:Asistente para a creación de artigos/Relevancia musical
Se un tema obtivo unha cobertura significativa por parte de fontes fiables independentes, suponse que si satisfai os criterios de inclusión para que conte cun artigo propio na enciclopedia. |
Poucos músicos merecen unha inclusión en Wikipedia.
Existen millóns de músicos en todo o mundo, mais unicamente unha pequena porcentaxe deles ten cabida nunha enciclopedia. A regra xeral para os músicos é que ten que existir suficiente información fiable de terceiros para demostrar o interese público no músico. Os músicos que cumpran, por lo menos, un dos criterios que se mencionan máis abaixo, poden merecer un artigo propio en Wikipedia, xa que probablemente exista deles unha cantidade considerable de información verificable dispoñible e un interese substancial en obter esta información sobre eles.
Criterios de relevancia
Esta lista no é excluínte, máis ben ilustra exemplos do nivel de relevancia requirido por Wikipedia:
Un músico ou conxunto musical (e aquí inclúense grupos musicais, bandas, cantantes, rapeiros, orquestras e DJs, entre outros) é relevante se cumpre algún dos seguintes criterios:
- Foi presentado en varias publicacións non triviais, fiables e medios prestixiosos (isto exclúe periódicos escolares, blogs persoais, etc).
- Ten a lo menos un sinxelo exitoso nunha lista musical nacional.
- Conta cun traballo que obtivo un disco de ouro.
- Ten editado dous ou máis álbums nun selo importante, ou un álbum nun dos máis importantes selos independentes (por exemplo, un selo independente cunha historia de máis que uns poucos anos e un portafolios que inclúa moitos músicos notables).
- Déronlle un premio musical importante, como por exemplo un Grammy ou un premio Ondas.
Unha canción o un álbum é relevante se cumpre co seguinte:
- Gañou un premio importante;
- É o himno oficial dun estado, país, nación ou territorio relevante;
- Constitúe un estándar musical (por exemplo un estándar do pop ou do jazz);
- É unha canción folclórica, himno ou panxoliña que posúe unha historia documentada de décadas.
Sobre músicos recentes e usos promocionais
Empregar Wikipedia con fins publicitarios a favor de personaxes ou agrupacións recentes, atenta contra a política oficial. Por ese motivo, se o artigo ten unha aparencia publicitaria, é probable que non se acepte e sexa borrado rapidamente.
O artigo que propós cumpre cos requirimentos de relevancia?