Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas/Feminismo
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Feminismo[editar a fonte]
Votación PECHADA: rexeitada
Período de votación: 7/6/2018 - 10/7/2018
SI: 4 — NON: 0 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: rexeitada |
- Proposto por: Breogan2008 (conversa) 7 de xuño de 2018 ás 14:54 (UTC)[responder]
- Período de votación: dende o 07-06-2018 ata o 07-07-2018.
- Información: MÉRITOS DO ARTIGO: Traducido da wiki portuguesa e inglesa, onde é artigo de calidade e artigo bo respectivamente. Ben referenciado e ilustrado sobre unha das correntes sociais máis relevantes da historia recente. --Breogan2008 (conversa) 7 de xuño de 2018 ás 14:54 (UTC)[responder]
- A favor
- Concordo. --Breogan2008 (conversa) 7 de xuño de 2018 ás 14:54 (UTC)[responder]
- Concordo. --Chairego apc (conversa) 7 de xuño de 2018 ás 17:58 (UTC)[responder]
- Concordo. --Elisardojm (conversa) 4 de xullo de 2018 ás 12:42 (UTC)[responder]
- Concordo. --Lles (conversa) 6 de xullo de 2018 ás 12:59 (UTC)[responder]
- En contra
- Neutros
- Comentarios
- Comentario. Comecei a revisar o artigo (un pouco tarde, pero aínda hai tempo), irei poñendo o que vaia vendo.
- Penso que o artigo debería estar escrito en feminino xenérico.
- Se cadra poderían ampliarse certos aspectos, especialmente o relacionado cos argumentos e teorías. Tamén salientar sobre isto a sección de "historia" da Wikipedia en lingua inglesa, aquí non se fala nin da cuarta onda nin do posfeminismo (as tendencias máis actuais e coas que estamos a vivir).
- Creo que debe eliminarse a imaxe da protesta feminista en Galicia, xa que nela inclúese unha estreleira, unha politización do feminismo ao que se opón boa parte do feminismo (como din elas "sen bandeiras").
- A sección "lingua" é terriblemente breve, fáltanme referencias á linguaxe inclusiva ou ao feminino xenérico, por exemplo.
Polo momento isto, aínda que me queda máis da metade do artigo por ler. Piquito (conversa) 5 de xullo de 2018 ás 23:01 (UTC)[responder]
- Comentario.
- Cando falas de linguaxe inclusiva, a que te refires exactamente? Penso que este tema xa se debatiu cando se quixo cambiar o sistema de categorías da galipedia, e o consenso da comunidade desbotouno. Para min non ten ningún sentido que este artigo estea escrito dun xeito e os outros 149000 e pico artigos doutro, independentemente da temática do mesmo. Se se quere que a Galipedia teña unha linguaxe inclusiva, sexa a que sexa, antes deberíase propoñer como unha política e ser votado pola comunidade, e non aplicalo arbitrariamente dependendo do artigo.
- A sección de posfeminismo está ó final do artigo, no apartado de reaccións.
- A imaxe é a única que atopei que ilustra o colectivo feminista galego cunha mensaxe clara contra o patriarcado. Non estou de acordo con retirala porque tamén hai imaxes doutras bandeiras (a estadounidense, ó comezo do apartado historia, ou a islámica). A politización e ideoloxización do feminismo é unha realidade moi ampla e complexa, tal como se describe no propio artigo. Hai feminismo de tódalas bandeiras, tamén a galega, por suposto.
- Adiante con ampliar a sección de "lingua".--Breogan2008 (conversa) 6 de xullo de 2018 ás 08:19 (UTC)[responder]
- Comentario.
- Se se usan formas "non forzadas" de linguaxe inclusiva por min non hai problema, pero tampouco me preocupa, o artigo será igualmente de calidade, pero sería unha mellora que se tivera un coidado especial na súa lingua, iso si.
- Engadín na sección de historia un apartado sobre a cuarta onda traducindo de en.wiki.
- Non vexo problema na imaxe, uns movementos feministas son apolíticos e outros si o son, se non hai unha imaxe mellor asociada ó feminismo en Galicia, eu non vexo problema en que quede esa.
- Non teño tempo agora de ampliar esa sección... Saúdos, Elisardojm (conversa) 6 de xullo de 2018 ás 09:34 (UTC)[responder]
- Comentario. Contestarei por partes:
- Breogan2008, ao que me refiro no primeiro punto é a que o artigo debería estar escrito con formas femininas, non lle vexo ningún sentido a poñer "autores", por exemplo. O feminismo é un movemento creado por e para mulleres, o lóxico é que o artigo estea en feminino, as persoas que desenvolveron o movemento foron fundamentalmente mulleres, polo que non ten sentido empregar formas en masculino en ningún lugar. O feminino xenérico é unha forma defendida polo feminismo na que se considera ás persoas (feminino), cando en feminino xenérico dis que "todas saíron á rúa" (por exemplo) estás a dicir que "todas as persoas saíron á rúa", trátase dun xeito de non invisibilizar á muller. Non sei se me explico... O da linguaxe inclusiva dicíao para a sección sobre a linguaxe, non para a redacción do artigo.
- Por outra banda, non vexo axeitado poñer a sección adicada ao posfeminismo no apartado de "reaccións", o posfeminismo non deixa de ser unha evolución máis do movemento, polo que creo que debería ir na sección de historia.
- A imaxe... Elisardojm, a imaxe si que ten problema. O problema é que se fai unha asociación dunha cousa (o feminismo) e outra que non ten absolutamente nada que ver (o nacionalismo galego). As manifestacións feministas piden que non se amosen bandeiras de ningún signo, por que? Porque as bandeiras desunen, por iso a imaxe é desacertada, porque dá a imaxe de que o feminismo defende ou apoia o nacionalismo galego (neste caso), cando a realidade é que non é así, o feminismo defende a igualdade das persoas, non os intereses nacionais de ningún lugar... Se en Galicia se asocia feminismo con nacionalismo/independentismo, o movemento perde apoios e forza (hai moita xente que non apoia esa visión política). O 8M houbo unha manifestación multitudinaria na Coruña, nela pediuse non portar bandeiras, o resultado foi un rotundo éxito, iso só se consigue sen bandeiras, e o mesmo ten pasado con manifestacións noutros lugares como Barcelona ou Bilbao, se miras fotos non verás bandeiras. Creo que me expliquei.
- Sobre o artigo en cuestión, aínda non o rematei de ler, pero atopo certas lagoas, o principal problema que lle encontro é o de tratar o tema dun xeito un tanto superficial, hai cousas que se poden engadir en varios puntos. Se ben onte puxen que había tempo, vendo os problemas que ten penso que sería mellor esperar a facer unha nova votación e non engadir contidos ás presas para conseguir os cinco votos. Eu seguirei a revisalo, creo que é un bo punto de partida para que sexa artigo de calidade, Breogan2008 fixo un bo traballo, pero o tema é moi amplo e complexo como para darlle a estrela de calidade no estado actual. Un saúdo, Piquito (conversa) 6 de xullo de 2018 ás 13:43 (UTC)[responder]
- Creo que tamén estaría ben que lle metera man alguén con estudos de xénero, ou polo menos que o lera e expuxera a súa opinión. Piquito (conversa) 6 de xullo de 2018 ás 13:45 (UTC)[responder]
- Revisei o uso do termo "autores" e salvo un, que non se sabe exactamente a quen se refire, os demais agora están indicados como autora, se non se me escapou ningún. Saúdos, Elisardojm (conversa) 7 de xullo de 2018 ás 01:35 (UTC)[responder]
- Creo que tamén estaría ben que lle metera man alguén con estudos de xénero, ou polo menos que o lera e expuxera a súa opinión. Piquito (conversa) 6 de xullo de 2018 ás 13:45 (UTC)[responder]