Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas/Campionato de Europa de hóckey a patíns masculino 2018
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Campionato de Europa de hóckey a patíns masculino 2018[editar a fonte]
Votación PECHADA: Aprobado
Período de votación: 4 de setembro de 2018 - 4 de outubro de 2018
SI: 5 — NON: 0 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: Aprobado |
- Proposto por: Piquito (conversa) 4 de setembro de 2018 ás 00:46 (UTC)[responder]
- Período de votación: dende o 04-09-2018 ata o 04-10-2018.
- Información: MÉRITOS DO ARTIGO: Artigo moi completo sobre o primeiro Campionato de Europa de hóckey a patíns disputado en Galiza, dende a designación da Coruña como sede e a previa renuncia de Italia a organizar o campionato, ata a cerimonia de clausura. Conta con resumos de cada partido disputado, estatísticas de xogadores e equipos, cadros de xogadores e corpos técnicos de todas as seleccións participantes, as controversias (principalmente as goleadas e a situación belga), e a difusión nos medios de comunicación (incluíndo os únicos datos de audiencia televisiva, os de Portugal). Cita máis dun cento de fontes e outras 40 das fichas estatísticas de cada un dos partidos. Conta con imaxes relacionadas, se ben non hai ningunha do propio evento (á espera de que a organización libere as imaxes colgadas en Facebook). Artigo realizado case na súa totalidade con contidos orixinais, trátase do artigo máis completo do evento en calquera Wikipedia e o máis completo da Galipedia sobre este deporte de tradición no país. --Piquito (conversa) 4 de setembro de 2018 ás 00:46 (UTC)[responder]
- A favor
- Concordo. --Piquito (conversa) 4 de setembro de 2018 ás 00:46 (UTC)[responder]
- Concordo.--Miguelferig (conversa) 4 de setembro de 2018 ás 22:53 (UTC)[responder]
- Concordo. --CristianCb (conversa) 6 de setembro de 2018 ás 20:01 (UTC)[responder]
- Concordo. --Breogan2008 (conversa) 9 de setembro de 2018 ás 14:22 (UTC)[responder]
- Concordo. --One2 (conversa) 22 de setembro de 2018 ás 13:26 (UTC)[responder]
- En contra
- Neutros
- Comentarios
- Comentario Teríase que revisar o texto porque o complemento directo en galego non leva a preposición a e semella que pode haber uns cantos casos; volcado tamén é un castelanismo que non sei como se traduciría neste contexto. One2 (conversa) 17 de setembro de 2018 ás 19:39 (UTC)[responder]
- Grazas polo comentario, One2, eu non son o que máis controla de lingua aquí, toda corrección que fagas ti ou calquera outra usuaria é benvida e agradecida. Un saúdo! Piquito (conversa) 17 de setembro de 2018 ás 20:20 (UTC)[responder]