Wikipedia:Artigo destacado/setembro 2006

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Avelino Cachafeiro Bugallo, O Gaiteiro de Soutelo naceu en Soutelo de Montes o 26 de maio de 1899. De familia de gaiteiros da Terra de Montes, aprendeu do seu avó Xan e tocaba polas carballeiras encanto coidaba do gando. Con só 25 anos foi proclamado o mellor gaiteiro de Galicia no concurso celebrado en Santiago en 1924. Xunto cos seus irmáns Castor e Bautista, Os Gaiteiros de Soutelo, percorreu toda Galicia, así como Buenos Aires, Montevideo, Brasil ou Barcelona ata que o comezo da guerra civil esfarelou o grupo. Nunca máis tocou en público, o que fixo medrar aínda máis a súa lenda.