Wikipedia:Artigo destacado/outubro 2013

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Lake Itasca Mississippi Source.jpg

O río Mississippi (en inglés Mississippi River) é despois do Misuri (afluente de este) o segundo río máis longo dos Estados Unidos de América. Considerados xuntos, forman a maior conca hidrográfica da América do Norte. Discorre entre o norte de Minnesota e o golfo de México e o seu curso ten unha orientación meridiana. O Mississippi ten unha lonxitude de 3.770 km, e só un dos seus afluentes, o Misuri, é máis longo en América do Norte. A lonxitude acumulada destes dous cursos de auga excede os 6.800 km e a superficie da súa conca hidrográfica fan do Mississippi un dos ríos máis importantes do mundo e do Mississippi-Misuri un dos sistemas fluviais máis longos do planeta. Durante a época precolombiana, o Mississippi xa constituía unha importante vía de navegación, e os amerindios chamábano «Meschacebé», que significa «pai das augas». Hoxe en día, o río constitúe un elemento fundamental da economía e da cultura estadounidense.