Wikipedia:Artigo destacado/agosto 2022
O Suomen Jääkiekkomuseo (en galego Museo finlandés do hóckey sobre xeo) é un museo situado na cidade finlandesa de Tampere adicado á historia do hóckey sobre xeo. O museo abriu as súas portas en 1979 e orixinalmente encontrábase no Tampereen jäähalli (principal pavillón de hóckey sobre xeo da cidade), ata que no ano 2000 se trasladou ao complexo museístico do Museokeskus Vapriikki.
Na exposición, de 440 m², poden verse algúns dos trofeos entregados pola liga profesional masculina e a liiga feminina, así como os títulos mundiais e medallas conquistadas polas seleccións finlandesas feminina, masculina e categorías inferiores. A colección do museo consta de milleiros de fotografías e obxectos, e centos de camisolas. Tamén pode verse o Salón da Fama do Hóckey sobre Xeo finlandés, denominado en finés Suomen Jääkiekkoleijonat (en galego Leóns/leoas do hóckey sobre xeo finlandés).
O museo do hóckey sobre xeo finlandés é considerado o segundo mellor museo de historia do hóckey sobre xeo do mundo por detrás do Hockey Hall of Fame de Toronto. O espazo conta tamén con seccións interactivas nas que as persoas que o visitan poden, por exemplo, tirar á portería ou encarnar a un porteiro ou porteira nos simuladores cos que conta.