Información: proposto por Xoacas. MÉRITOS DO ARTIGO: Artigo que mostra unha visión completa da historia de Barcelona dende do punto de vista urbanístico. Está escrito na meirande parte por un editor anónimo. O seu estilo é moi claro e pedagóxico. Hai un especial esforzo na inserción de imaxes especialmente descritivas e na achega de referencias fáciles de atopar na rede, o cal as fai especialmente verificables. Ademais abre temas que máis adiante deberán cubrir artigos novos. Como único defecto: a abundancia de ligazóns vermellas. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 19:54, 7 de xullo de 2010 (UTC)
Concordo. E concordo con Alberte na proposta de título do artigo, pois non só fala explicitamente do urbanismo, senón de múltiples aspectos (política, conflitos bélicos, arte, economía...) que configuraron a disposición actual da cidade. --Estevo(aei)pa o que queiras... 14:31, 26 de xullo de 2010 (UTC)
Concordo- E tamén co título que propón Alberte e secunda Estevoaei. --Atobar(conversa comigo) 15:01, 26 de xullo de 2010 (UTC)
Concordo - E tamén estou con Alberte, Estevoaei e Atobar co título. --Beninho 10:07, 1 de agosto de 2010 (UTC)