Whapmagoostui

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaWhapmagoostui
Imaxe

Localización
Mapa
 55°18′N 77°48′O / 55.3, -77.8Coordenadas: 55°18′N 77°48′O / 55.3, -77.8
EstadoCanadá
ProvinciaQuebec
Região Administrativa (pt) TraducirNord-du-Québec (pt) Traducir
Equivalent territory (en) TraducirEeyou Istchee (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación1.022 (2021) Editar o valor em Wikidata (5,38 hab./km²)
Xeografía
Superficie189,88 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con

Páxina webwhapmagoostuifn.ca Editar o valor em Wikidata

Whapmagoostui (en cree : ᐙᐱᒫᑯᔥᑐᐃ/Wâpimâkuštu) é unha entidade cree situada no bordo oriental da baía de Hudson, no territorio equivalente Eeyou Istchee no norte do Quebec e que constitúe unha das comunidades asociadas ao Gran Consello dos Crees. Como a maioría das entidades autóctonas do Quebec, Whapmagoostui, componse dun territorio reservado cree de categoría IA, onde se atopa a contorna urbanizada onde viven os membros da nación cree de Whapmagoostui e que é de xurisdición federal, e mais dun municipio vilego cree de categoría IB, deshabitado e de xurisdición provincial[1]. Administrativamente, dentro do Quebec, intégrase na rexión do Nord-du-Québec. Whapmagoostui constitúe a localidade cree máis ao norte, forma parte tamén do territorio inuit de Nunavik e conforma con Kuujjuarapik, localidade inuit, un único núcleo urbano, a comunidade inuit virada espacial e culturalmente cara á costa e a cree cara ao interior. Non obstante, cada comunidade mantén os seus propios servizos públicos, e tamén a traza das vivendas das dúas comunidades son diferentes[2].

Xeografía[editar | editar a fonte]

A terra reservada cree de Whapmagoostui ha de se distinguir do territorio da municipalidade vilega cree homónima segue a beira norte do Grande rivière de la Baleine a unha distancia duns 43 quilómetros dende a ribeira. Non inclúe ningunha zona litoral da baía de James. Inclúe o núcleo urbanizado de Whapmagoostui. O terreo reservado cree inclúe o núcleo urbanizado de Whapmagoostui, que tamén limita coa terra reservada inuit de Kuujjuarapik, como dous barrios veciños da mesma vila

En canto á municipalidade vilega cree de Whapmagoostui atópse ao suroeste, ao leste e o sueste da terra reservada cree mentres ao norte e sur está situado o territorio non organizado da baía de Hudson

Historia[editar | editar a fonte]

Os cree levaban cazando e pescando na costa da baía de Hudson moito antes de chegaren os europeos e os inuit tamén se achegaban pola zona, principalmente preto da costa. En 1820 a Compañía da Baía de Hudson estableceu un posto comercial na rexión[3] coñecido como Great Whale River House, Great Whale River ou simplemente Great Whale[4] e a partir de mediados do século XIX[2] a zona tamén a frecuentaron os inuit que se achegaban para comerciaren cos brancos. Na década de 1880 establecéronse misións anglicanas e católicas e en 1895 o goberno federal instalou unha estación meteorolóxica. Na primeira metade do século XX comezaron a se ofrecer servizos médicos e de policía [3]. Así e todo, o establecemento seguiu a ser para os crees só un campamento de verán.

En 1940 ao abrir o exército estadounidense unha base aérea as autoridades forzaron os crees a rematar co seu estilo de vida seminómade.[4] En 1941 pechou o posto comercial da CBH e despois da segunda guerra mundial en 1948 os norteamericanos transferiron a base militar aos canadenses. En 1955, construíuse unha estación de radar como parte do sistema de defensa aérea canadense-estadounidense, a Liña Mid-Canada'[3], uns anos antes da creación do NORAD. Ao lle dar emprego a inuit e crees a estación de radar contribuíu a establecer unha poboación permanente a partir de 1958[5] principiando a convivencia permanente entre os crees e os inuit. En 1965 pechou a estación de radar.

En 1961 o goberno quebequés decidiu darlles nomes franceses os establecementos do norte e o lugar pasou a se denominar Grande-Baleine pero ao ano seguinte adoptou o nome Poste-de-la-Baleine.[6] En 1979 estableceuse a municipalidade vilega cree que pasou a denominarse Whapmagoostoo e a vila cree adoptou oficialmente a forma Whapmagoostui en 1986[4], literamente "lrío da beluga".

Demografía[editar | editar a fonte]

Segundo o censo de 2021 tiña unha poboación de 1021 persoas[7].

Serie de poboación histórica de Whapmagoostui
Ano20012006201120162021
Poboación77881287410161021

Linguas[editar | editar a fonte]

Segundo o censo de 2016[8] o cree é a lingua materna de 870 habitantes da localidade, a segunda lingua é o inglés con 65 falantes e o francés a terceira con 20. Ademais 5 persoas afirman que a súa lingua materna é o inglés e unha lingua non oficial. Por coñecemento das dúas linguas oficiais 845 persoas afirman que falan inglés como primeira lingua oficial, un total de 75 falan inglés e francés e hai 60 persoas que non falan ningunha das dúas linguas oficiais. Son un total de 905 persoas os que afirman que poden falar cree. A maioría da poboación identifícase como indios norteamericanos, con só 50 non nativos. Hai 40 persoas que se identifican como inuit e a metade ten como lingua materna algunha lingua inuit.

Relixión[editar | editar a fonte]

Igrexa anglicana de Whapmagoostui-Kuujjuarapik

Os cree da rexión convertéronse ao cristianismo a partir de mediados do século XX pero manteñen prácticas da súa relixión tradicional[9]. Na zona establecéronse a finais do século XIX misións anglicanas e católicas para tratar de converter tanto os crees como os inuit da rexión. Ao longo das primeiras décadas do século XX a gran maioría dos cree convertéronse á confesión anglicana. A igrexa de San Edmundo é igrexa parroquial anglicana e serve a Whapmagoostui e mais a Kuujjuarapik ao ser os inuit tamén maioritariamente anglicanos; a igrexa depeden da diocese do Ártico da Igrexa Anglicana do Canadá que agrupa os anglicanos locais.

Os católicos teñen como lugar de culto a capela se Santo André que data de 1960 e tamén serve á comunidade inuit. Segundo o censo de 2001 había 30 católicos en Whapmagoostui e 35 en Kuujjuarapik.

Educación[editar | editar a fonte]

O Consello Escolar Cree é responsable de proporcionar os servizos de educación pública no territorio de Whapmagoostui e, xa que logo, exerce esas competencias por medio da escola Badabin Eeyou (ᐹᑖᐱᓐ ᐄᔨᔨᐤ ᒋᔅᑯᑎᒫᑑᑭᒥᑑᑭᒥᒄᑯᑎᒫᑑᑭᒥᑭᒄ) que contaba en febreiro de 2020 con 260 alumnos [10]. O colexio inaugurouse en 1982 e en 1989 diplomouse a primeira promoción de estudantes.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Répertoire des municipalités : Terre réservée cri (1-A) de Whapmagoostui (Hors MRC (autochtones)) sur le site des Affaires municipales, régions et occupation du territoire Arquivado 24 de febreiro de 2011 en Wayback Machine.
  2. 2,0 2,1 Patrick, Donna (2013). Language, Politics, and Social Interaction in an Inuit Community. Walter de Gruyter. pp. 26–28. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Kuujjuarapik". Nunavik Tourism Association. Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2008. Consultado o 29 de marzo de 2022. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Whapmagoostui". Commission de toponymie du Québec. Arquivado dende o orixinal o 9 de decembro de 2015. 
  5. Adelson, Naomi (2000). 'Being Alive Well': Health and the Politics of Cree Well-being. University of Toronto Press. p. 47. 
  6. "Whapmagoostui". Commission de toponymie du Québec. Consultado o 2008-12-16. 
  7. "Census Profile, 2021 Whapmagoostui". 
  8. "Census Profile, 2016 Census. Whapmagoostui, Terres réservées aux Cris [Census subdivision], Quebec and Quebec [Province]". Statistics Canada. 
  9. Berkes, Frikets (1986). "Chisasibi Cree Hunters as Missionaries: Humour as Evidence of Tension". En Cowan, William. Actes du Dix-Septième Congrès des Algonquinistes. pp. 15–26. 
  10. "Badabin Eeyou School l". eeyoueducation.ca.