Watchmen (filme)
| Watchmen | |||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Tyler Bates | |||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||||||||||||||
Watchmen é un filme de 2009 dirixido por Zack Snyder baseado no cómic do mesmo nome da autoría de Alan Moore e Dave Gibbons. O filme está protagonizado por Malin Åkerman, Billy Crudup, Matthew Goode, Carla Gugino, Jackie Earle Haley, Jeffrey Dean Morgan, Patrick Wilson, Matt Frewer, Stephen McHattie e Laura Mennell. Comezou a filmarse en Vancouver (Canadá) en setembro de 2007 a súa estrea foi o 6 de marzo de 2009, tanto en cinemas convencionais como en IMAX, recadando 55 millóns de dólares na primeira semana e 180 en todo o mundo. O argumento céntrase nun grupo de ex gardas, os watchmen nun 1985 alternativo, nun momento álxido da guerra fría con fortes tensións entre os Estados Unidos e a Unión Soviética.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Nos Estados Unidos dos anos 80 a guerra fría está no seu apoxeo, e os superheroes, que antes foran admirados, agora son perseguidos pola lei. Un día aparece morto un deles, "O Comediante", que traballaba para a CIA. O seu amigo Rorschach, o único heroe enmascarado en activo, emprenderá a investigación da súa morte, trala que se agocha algo moi importante.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Jackie Earle Haley como Walter Kovacs / Rorschach
- Patrick Wilson como Daniel Dreiberg / Nite Owl II
- Billy Crudup como Jon Osterman / Dr. Manhattan
- Malin Åkerman como Laurie Juspeczyk / Silk Spectre II
- Matthew Goode como Adrian Veidt / Ozymandias
- Jeffrey Dean Morgan como Edward Blake / The Comedian
- Carla Gugino como Sally Jupiter / Silk Spectre
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- 2009: Saturn Awards: Mellor filme fantástico, mellor vestiario. 8 nomeamentos.
- 2009: Asociación de Críticos Online: Nomeado a mellor actor secundario (Jackie Earle Haley).
- 2009: Asociación de Editores de Son: Nomeado a mellor edición de son.
- 2009: SFX Awards: Nomeado a mellor filme e mellor director.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Filmes de 2009
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes dirixidos por Zack Snyder
- Filmes con banda sonora de Tyler Bates
- Filmes de acción e ciencia ficción dos Estados Unidos de América
- Filmes de Legendary Pictures
- Filmes de Warner Bros.
- Filmes de Paramount Pictures
- Filmes rodados en Vancouver
- Filmes sobre a Guerra do Vietnam
- Filmes sobre a Guerra Fría
- Filmes distópicos
- Filmes de historia alternativa dos Estados Unidos de América
- Filmes ambientados en 1939
- Filmes ambientados en 1959
- Filmes ambientados en 1963
- Filmes ambientados en 1970
- Filmes ambientados en 1971
- Filmes ambientados en 1985
- Filmes ambientados en Nova York
- Filmes ambientados na Antártida
- Filmes ambientados en Vietnam
- Filmes ambientados en Washington, D.C.
- Filmes distribuídos en sistemas IMAX